A Giococha, unha Gioconda para o cocido

0

Lalín, 1 de marzo do 2019 – A Mona Lisa do cocido, a Giococha, preséntase este sábado 2 de marzo en Lalín con motivo da nova edición de EmporcArte.

O pintor compostelán Deiviz Kostoya fusiona na Giococha a obra de Leonardo da Vinci co prato estrela da gastronomía galega. A Mona Lisa do cocido galego poderáse contemplar no Museo Municipal Ramón María Aller Ulloa de Lalín.

“A Giococha” (ou “A Gioporca”), pintada en acrílico sobre lenzo e de tamaño similar ó cadro de da Vinci, fusiona o retrato da Mona Lisa coa cabeza dun porco, rodeándose dun mosaico de chourizos, garavanzos e patacas. Asimesmo, as roupas en tons verdosos evocan ás verduras que se sirven coa popular comida. En palabras do autor: «o porco é un ingrediente famoso na nosa gastronomía, por iso decidín fusionalo coa obra de arte máis famosa de todos os tempos». Ademais do parecido á

Mona Lisa orixinal, Kostoya destaca que a súa pintura tamén consegue o efecto de seguir ó espectador coa mirada.

Deiviz Kostoya, artista plástico nado en 1989 en Santiago de Compostela, é membro da Asociación galega de arte e cultura (Agaec), e é recoñecido por fusionar grandes obras do arte universal con aspectos, iconas e personaxes da cultura galega, creando obras como: “O Berro das Marías” ou “A noite estrelada de Compostela”. Actualmente ten unha exposición permanente coas súas obras e outros traballos nun posto de arte no corazón da zona monumental de Santiago de Compostela.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial