займ срочно

A hostalería prepara mobilizacións

0

Compostela, 11 de setembro do 2020 – Representantes de todos os sectores vinculados á hostalería confirmaron que preparan mobilizacións pola crise que vive o sector e reclaman un diálogo directo coa Xunta de Galicia.

A presidenta da Asociación Hostalaría Compostela, Sara Santos, e o directivo Sergio Fernández reuníronse cos deputados do BNG no Parlamento Galego, Carmela González e Daniel Pérez. Á xuntanza tamén asistiron Lucía Vázquez, presidenta da Asociación de Bares, Pubs e Discotecas de Santiago; Pepe Doré, da Asociación Galega de Salas de Concerto (ClubCultura), e Ángeles González, da Asociación Cultural Cidade Vella.

A hostalería prepara mobilizacións

imaxe de LEEROY Agency en Pixabay 

Na reunión manifestouse o momento crítico que, por mor da crise da Covid-19, están a atravesar a hospedaxe, o ocio nocturno, os músicos e outros axentes culturais que integran a hostalaría en Galicia, un sector fundamental para a nosa economía e do que viven, ademais, outras moitas empresas provedoras, distribuidoras, etc.

Os representantes destas asociacións solicitaron colaboración para conseguir un diálogo directo co Goberno galego e pediron que se estableza unha folla de ruta consensuada con todo o sector que garanta a volta ao traballo dunha forma paulatina, rápida e segura.

No caso do ocio nocturno, demandaron a eliminación, con carácter inmediato, da orde do 15 de agosto da Consellería de Sanidade que obriga a pechar os locais da noite e establece a 1 da madrugada como horario máximo de feche en todos os locais de hostalaría.

O sector solicita unha prórroga permanente dos ERTE ata a plena recuperación do sector; axudas directas aos traballadores autónomos que non poden abrir os seus negocios ou a exención nas cotas de seguridade social e de taxas municipais e autonómicas ata o verán do 2021, así como a redución do IVE ata o 7%.

De non lograrse un consenso coa Xunta de Galicia o antes posible, e debido á gravidade da situación, o sector xa está a preparar a convocatoria de distintas mobilizacións en sinal de protesta. A hostalería considera que, aínda que a saúde é o prioritaria, é necesario lograr un equilibrio entre a seguridade sanitaria e a viabilidade económica e opinan que os esforzos deberían centrarse nas medidas preventivas de probas PCR e o labor dos rastrexadores, como máximo garante da

contención do virus.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies