займ срочно

A hostalería considera insuficiente o plan de desescalada

0

Bisbarra, 3 de decembro do 2020 – O proceso de desescalada presentado pola Xunta de Galicia é para a Asociación de Hostalaría Compostela insuficiente.

Para Santiago, Ames e Teo o proxecto permite a apertura ata as 11 da noite; reunións de ata 6 persoas, conviventes ou non; 50 % de aforo no interior e un 75% nas terrazas. Estas medidas entrarán en vigor a partir das 00:00 horas de este venres.

Medidas inviables para unha parte dos locais

O colectivo explica que o plan non inclúe axudas estable para todos aqueles negocios que non poidan reabrir. A Asociación considera que os límites de aforo marcados non son viables para unha gran parte da hostalaría, como aqueles que contan con locais pequenos ou que non teñen terrazas, e que ademais non poden usar as barras.

Un debate serio

A Asociación de Hostalería Compostela foi a única que se desmarcou do acordo coa Xunta de Galicia, e presentou o seu propio plan. Pensan que o proxecto presentado “Segue sendo unha proposta improvisada. Nós cremos que é necesario un debate máis serio e por iso mantemos a nosa vontade de diálogo”.

Por outra banda lamenta tamén que non se permita aos locais de ocio nocturno desenvolver actividades propias de café e bar no mesmo horario que o resto de establecementos, horario que teñen permitido nas súas licenzas.

Estas e outras medidas forman parte da proposta alternativa da asociación. Un proxecto que tamén contemplaba que as medidas varíen en cada territorio dependendo dos criterios obxectivos epidemiolóxicos, algo que agora si que se fará.

Reunión co Concello

A presidenta da Asociación, Sara Santos, os directivos Lois Lopes e Sergio Fernández, e o xerente Ramón García reuníronse co alcalde, Xosé Sánchez Bugallo, e o concelleiro de Turismo, Sindo Guinarte, para pechar as bases das axudas para o financiamento do gasto corrente.

Hostalería Compostela valora o esforzo do goberno municipal “froito dunha serie de reunións que levamos tendo desde o mes de abril, para que o Concello, desde as súas competencias, poida botar unha man ao sector”.

As axudas terán unha contía mínima de 1000 euros e máxima de 2500 euros, mentres que para o sector do ocio nocturno poderá ser de ata 3000. “Esperemos que poidan alcanzar a todos os solicitantes e, de non ser así, o alcalde comprometeuse a revisalo para outras posibles convocatorias. Consideramos que estas axudas non son suficientes pero supoñen un alivio”.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies