A I Feira Artesanal de Bertamiráns reunirá a catorce artesáns

0

Ames, 28 de decembro do 2018 – A Asociación de Empresarios de Bertamiráns (AEB) organiza a súa I Feira Artesanal, que conta coa colaboración do Concello de Ames na colocación das carpas nas que terá lugar.

A Feira Artesanal nace importando unha costume de gran arraigo en países como Alemaña ou Italia, e que dende fai varios anos tamén se poden disfrutar en diversos puntos de Galicia. Esta iniciativa, organizada pola Asociación de Empresarios de Bertamiráns, busca mostrar e poñer en valor o traballo de catorce artesás especializados en distintas ramas da artesanía.

Así, entre os diversos postos que se instalarán nesta feira, os visitantes poderán encontrar produtos de bixutería, complementos, cremas artesanais, sacos térmicos, ambientadores, xoguetes de madeira, lámpadas de cera e pirogravados, ademais de diversas obras elaboradas en madeira e vidro. Asemade, os máis larpeiros tamén poderán gozar de postos con embutidos, queixos, sidra asturiana ou chocolate e bombóns, entre outros produtos de alimentación.

A través deste proxecto, que o sábado contará tamén cun acto realizado por representantes da organización de Mans Unidas, non só se busca revalorizar o traballo dos artesáns e a calidade dos seus produtos, senón tamén impulsar este tipo de actividades na zona, que poidan atraer tanto a veciños como a visitantes ao municipio. A Feira Artesanal estará aberta ata o 2 de xaneiro.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial