A iniciativa falaredes presenta en Compostela Asubios

0

Compostela, 23 de novembro do 2018 –  A capital de Galicia acollerá este domingo unha nova actividade Falaredes, o programa de dinamización que a Consellería de Cultura e Turismo impulsa a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística. O lugar elixido é o Centro Sociocultural de Conxo, onde ás 18:30 horas se poderá ver a obra ‘Asubíos’, da coñecida compañía teatral do Elefante Elegante. A entrada, como é habitual neste programa da Xunta, é libre e de balde, ata completar a capacidade do espazo programado.

‘Asubíos’ é a quinta actividade do ‘FalaRedes 2018’, unha peza teatral inspirada no universo literario do escritor Mia Couto e no conto “O frautista de Hamelín” recollido polos irmáns Grimm. Se no orixinal do mozambicano o asunto de fondo era a racismo, na reinterpretación que fai a compañía do Elefante Elegante o eixo temático muda e oriéntase ao medio natural e á necesidade de vivir en harmonía con el. A obra está especialmente indicada para familias con cativada desde os tres anos de idade.

Próximas paradas: Negreira e Barbadás

Despois da función deste domingo, o ‘FalaRedes’ regresará o vindeiro domingo 2 de decembro. Ese día as familias dos municipios de Negreira e Barbadás teñen cadansúa cita co Elefante Elegante. Na capital da Barcala, ás 13:00 horas, no Centro Sociocultural. En Barbadás, ás 19:00 horas, na Casa da Cultura. Posteriormente, ata o 9 de decembro ‘Asubíos’ pasará polos concellos de Monterroso, Silleda, Cea, Vilamarín, Salvaterra de Miño e Castrelo de Miño.

Desde o mes de abril e ata finais de ano, as actividades do ‘FalaRedes’ están a percorrer os concellos da RDL, unha iniciativa impulsada polo Goberno galego para incidir na promoción do uso da lingua galega desde as administracións local e autonómica que conta con máis de 190 entidades adscritas. Nas seis edicións anteriores do programa foron preto de 900 as actividades programadas para públicos de todas as idades.

Toda a información sobre esta edición dispoñible no Portal da Lingua Galega (www.lingua.gal/falaredes), nas redes sociais da RDL e na Axenda de Cultura de Galicia.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial