A libraría Pedreira acolle a presentación de “Contra o bloqueo Nós, con Cuba”

0

Compostela, 5 de febreiro do 2019 – A libraría Pedreira, rúa do Home Santo en Santiago, acolle este xoves, as oito da tarde, a presentación do libro “Contra o bloqueo Nós, con Cuba”.

O acto está organizado pola Asociación de Amizade Galego Cubana Francisco Villamil. O volume é o primeiro da colección Herminio Barreiro, na honra do pedagogo, comunista e amigo de Cuba fundador da Asociación hai 35 anos.

“Contra o bloqueo Nós, con Cuba” explica as consecuencias, humanas e materiais, dun bloqueo que provén da guerra fría e que vulnera o dereito internacional, algo denunciado en repetidas ocasións pola ONU. O volume mostra tamén a solidariedade internacional recibida pola illa ao longo de estes anos. Por outra banda o libro explica de xeito detallado as estratexias de propaganda política usadas para reforzar unha imaxe denigrante do país caribeño e xustificar o bloqueo diplomático e comercial.

A Asociación

A Asociación de Amizade Galego Cubana “Francisco Villamil” naceu en Vigo no ano 1981, onde ten a súa sede central. Na actualidade ten grupos activos nas comarcas de Compostela, O Morrazo e Baixo Miño xa que o seu ámbito de actuación é Galiza. O colectivo leva o nome do Xeneral galego mambí Francisco Villamil, morto en Cuba no ano 1872, en plena loita pola independencia do país contra as tropas españolas.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial