A Librería Pedreira presenta Cociñando con bolboretas no bandullo

0

Compostela, 8 de marzo do 2019 – A Librería Pedreira, na rúa do Home Santo de Santiago, presenta as doce de este sábado o libro Cociñando con bolboretas no bandullo.

O novo libro de Xerais nace do blog gastronómico Bolboretas no Bandullo de Diana Fernández Gómez e David Díaz Díaz. Son dous filólogos que poñen en esta web a súa paixón pola cociña desde decembro do 2013. Comezaron cunha torta de tres chocolates e xa non pararon. Según explican o blog non é un simple repositorio de receitas, é un proxecto dixital comprometido coa lingua e cultura galega que pretende facer unha achega importante á presenza do idioma na rede.

En cocinando con Bolboretas no bandullo cada receita garda una historia. Os protagonistas exlican que son “pequenos relatos que vos engaiolarán, moito sabor e, sobre todo, moita, moita diversión. Metemos as mans na masa, xogamos coa comida, argallamos pratos sorprendentes e só de pensar nos resultados … non podemos parar de babexar”. Nas páxinas agóchanse momentos para gozar e sabores por conquistar.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial