A Mancomunidade de Ordes avala a continuidade do Servizo de Atención Temperá

0

Ordes, 14 de maio do 2019 –   A Mancomunidade de Municipios da Comarca de Ordes celebrou recentemente o seu pleno correspondente ao mes de maio, no cal se acordou a continuidade do servizo de Atención Temperá.

Con tal fin presentarase unha solicitude de subvención por un importe de 120.000 euros á Consellería de Política Social. Deste xeito a Mancomunidade de Ordes poderá garantir a función levada a cabo polo actual equipo da unidade de atención temperá, formada por unha psicopedagoga, unha psicóloga e dúas logopedistas.

En total son máis de 236 usurarios e usuarias os que se atenderon ao longo do último ano. As súas intervencións están dirixidas á poboación infantil de 0 a 6 anos, á súa familia e ao seu contorno, tendo por obxectivo dar resposta o antes posible ás necesidades transitorias ou permanentes que presentan os nenos e nenas con trastornos do desenvolvemento ou en risco de padecelos para facilitar o desenvolvemento da súa autonomía persoal e a inclusión social.

Cómpre lembrar que xa en 2015 a unidade recibira o primeiro premio Coopera de entidades locais, recoñecéndose así por parte da Xunta de Galicia a optimización de recursos por parte do ente supramunicipal.

Seguindo coa orde do día da sesión plenaria, tamén se acordou por unanimidade solicitar a participación no programa de mobilidade xuvenil Galeuropa. Deste xeito, e por terceiro ano consecutivo, unha vintena de mozos e mozas da comarca poderán gozar de estadías en Malta, Turín e Lisboa para a mellora do seu nivel en linguas estranxeiras e a adquisición de experiencia laboral en diversos ámbitos a través da realización de prácticas en empresas.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial