A Mancomunidade de Ordes aposta polo turismo cunha plataforma dixital

0

Ordes, 15 de febreiro do 2019 – O Pleno da Mancomunidade de Ordes decidiu implantar unha plataforma dixital dispoñible para todo tipo de aparellos e que permita unha planificación áxil e sinxela dunha viaxe ao territorio.

O importe destinado a esta plataforma dixital é de 47.000 euros. A ela accederase desde todo tipo de dispositivos e por medio de códigos QR, tarxetas NFC e Beacons que se implantarán en material promocional impreso ou ben en elementos de sinalización peonil. O sistema selecciona a información de maneira xerarquizada segundo o seu interese, engadindo, entre outros aspectos, a súa xeolocalización. As persoas interesadas en visitar calquera punto da comarca poderán crear unha axenda de viaxe en base a criterios culturais, naturais, gastronómicos, comerciais etc e sempre tendo acceso directo a unha ficha de información de cada punto con fotografías, teléfonos, enderezos e enlaces.

A realización e posta en funcionamento deste interesante proxecto pasa pola concesión dunha subvención de algo máis de 37.500 € por parte da Deputación da Coruña, co obxectivo de mellorar a calidade e a competitividade das actividades turísticas da Mancomunidade de Ordes a través da sinalización intelixente.

Uso e promoción do galego

Outro dos puntos acordados no último pleno foi a continuidade do Servizo de Normalización Lingüística. Con tal fin solicitarase á Deputación da Coruña unha subvención de 12.000 €, o que permitirá prolongar durante un ano a contratación do persoal no dito departamento. Entre os moitos servizos que se brindan dende este destaca a realización de actividades dirixidas á promoción e ao fomento do uso da lingua galega entre a poboación estudantil; a conmemoración de datas sinaladas con campañas, concursos, certames etc; funcións de apoio aos gabinetes de comunicación e demais departamentos dos concellos, cursos preparatorios para a obtención da titulación oficial CELGA; participación na elaboración de programas e na impartición de clases doutros cursos dirixidos á poboación desempregada ou colectivos desfavorecidos organizados pola Mancomunidade de Ordes etc.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial