A Mancomunidade de Ordes demanda diálogo no conflito dos transportistas de SOGAMA

0

Ordes, 16 de maio do 2019 –   Ante o conflito do transporte que se está a dar na empresa pública SOGAMA a Mancomunidade de Municipios da Comarca de Ordes vén de poñerse en contacto cos axentes implicados.

Tras o encontro mantido entre o presidente da Mancomunidade, Roberto Rey, con representantes do cadro de persoal de transportistas pertencentes á CIG, os sete concellos da comarca “instan ao diálogo como vía de resolución do conflito existente con SOGAMA e que está a afectar gravemente aos traballadores pertencentes na súa maioría á comarca de Ordes”.

A solicitude e demanda de intencións está dirixida ao presidente de sociedade de xestión de residuos, Javier Domínguez Lino; aos directores de Transportes Pacholo S.L., Óscar e Jorge González Quesada; ao presidente do consello de administración e conselleiro delegado de COPASA, José Luis González Gutiérrez e á conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ánxeles Vázquez Mejuto.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial