A Marumasat III aparece cerca de Negreira

0

Ordes, 13 de maio do 2018 –  A cápsula Marumasat III, lanzada o pasado luns desde o IES Maruxa Mallo de Ordes, apareceu a 3 kilómetros de Negreira, cerca da estrada DP 5603.

A Marumasat III puido ser atopada grazas ao localizador de aves que un alumno, afeccionado a cetrería, introducise na cápsula. Rafael Regos Martínez foi campión de cetrería provincial hai dous anos, o sistema de localización que usa coas súas aves funciona por triangulación e iso foi o que posibilitou a localización do aparato xa que desde o lanzamento perdérase todo o contacto. As hipóteses que se manexaban situaban o lugar da caída en Serra de Outes pero ao non funcionar o sistema GPS non se podía comprobar.

Sinal moi débil

Rafael coa axuda do seu pai, tamén experto cetreiro, achegáronse o pasado mércores ata a zona na que pensaban que podía estar a cápsula. “Recibimos un sinal moi débil. O tempo botóusenos enriba e non puidemos continuar. Falamos coa Sociedade Galega de Cetrería para que nos botaran unha man acendendo de cando en vez as súas emisoras e ver si así captaban algún sinal. O bo disto é que, a diferenza do GPS, a pila que leva o dispositivo dura varios días”. Pero non aparecía nada así que pai e fillo atravesaron silveiras, fragas e chousas tendo como único guía o son do seu equipo. “A intensidade vai aumentando segundo a distancia é máis curta e se atina mellor coa dirección á que orientas o localizador que levas contigo”. Con isto, a rapidez dos seus pasos e as esperanzas medraban proporcionalmente cos pitidos emitidos ata que foi finalmente foi atopada.

Agora toca esperar ata este luns para poder abrila. “Farémolo no instituto e queremos documentalo todo cunha reportaxe fotográfica e gravación de vídeo”, indica Xosé Manuel Fernández, un dos responsables do proxecto, no que tamén participaron os IES Marco do Camballón, Miraflores e Xelmírez II, de Vila de Cruces, Oleiros e Santiago respectivamente. 

Entre outros experimentos o Marumasat III tiña como prioridade a captación de imaxes estratosféricas de fenómenos como o ocaso da lúa diúrna”. Outro dos seus obxectivos era facer nacer vida na estratosfera, depositando un ovo de abella obreira que debería eclosionar durante o seu paseo aéreo co reto de que o insecto regresara con vida á superficie terrestre.

 

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies