A mascota de Oroso, Troi, xa ten estatua no concello

0

Oroso, 2 de abril do 2019 – Oroso xa ten a súa estatua de Troi, a mascota do concello, unha personaxe que xa é un veciño máis. A estatua serve de homenaxe á troita e aos seis ríos que pasan polo municipio.

A estatua de Troi situouse na avenida de Compostela, na N-550 ao seu paso por Sigüeiro. Según o alcalde Manuel Mirás “Temos o privilexio de vivir nun municipio cun enorme patrimonio paisaxístico e Troi xa forma parte de nós. É un paso máis, primeiro apostamos por Troi para que fora a nosa mascota e agora queda inmortalizado coa estatua, coa que queremos homenaxear ao conxunto do pobo, foron os veciños e veciñas de Oroso os que fixeron grande a Festa da Troita, o manxar dos nosos ríos”.

Desde hai moitos anos, a troita puxo a Oroso no mapa turístico, xa que o concello celebra a Festa no mes de maio, pola que pasan máis de 30.000 persoas.  Este ano, a celebración será os días 10, 11 e 12 de maio. Oroso será de novo a capital do ocio e a gastronomía galega e os milleiros de visitantes que se acheguen ao concello poderán ver a nova estatua de Troi.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial