A Mediateca do Grilo de Teo cumpre dez anos

0

Teo, 17 de outubro do 2018 – O pasado luns a Mediateca do Grilo, en Teo, cumpriu dez anos e celebrouno cun obradoiro de ilustración.

O alcalde de Teo, Rafael Sixto, e a concelleira de Cultura Pilar Faxil, visitaron a Mediateca do Grilo e conversaron co ilustrador Óscar Vilar e cos cativos, que tiñan idades comprendidas entre os 8 e os doce anos.

Destes dez anos de funcionamento da primeira axencia de lectura de Teo nun local municipal destacan algunhas cifras. O número de volumes da colección son 28.826; o número de usuarios que pasaron pola Mediateca máis de 90.000; o número de documentos prestados achégase aos 30.000  e as sesións dende dispositivos portátiles está preto dos 5.000.

Son grandes cifras para unha instalación municipal básica que conta cunha oferta destinada a un público moi amplo en idade. De feito conta con Bebeteca, un servizo destinado especialmente aos nenos e nenas máis pequenas con material adaptado aos seus intereses e conta con varios xornais para consulta. O espazo ten ata un piano que se recibiu por unha doazón dun particular .

Ademais do servizo de biblioteca clásica en Cacheiras hai equipos informáticos con rede wiffi e outros servizos como proxector. En ocasións o local úsase para actividades culturais como esta charla sobre ilustración que fixo onte Óscar Vilán, presentacións de libros ou mesmo reunións de colectivos veciñais. Tamén ser realizan sesións de clube de lectura. A concelleira de Cultura, Pilar Faxil, destaca que se trata “dun espazo versátil e vivo no que a cultura é o elemento vertebrador”. Faxil tamén aproveitou para felicitar a Alberto Llano por estes dez anos de traballo, a persoa que coordina o servizo dende a súa apertura.Teo conta con outra biblioteca pública, na Casa Común dos Tilos.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial