займ срочно

A música continúa en agosto co Feito a Man que cumpre 15 anos

0

Compostela, 31 de xullo do 2018 – Onte era presentada a 15ª edición do festival Feito a Man que cada agosto enche a zona vella de música na rúa.

O Feito a Man está organizado pola asociación de locais Cidade Vella e en esta edición traerá artistas de Brasil, Portugal, Xapón e Cuba, alén de artistas galegos e, por suposto, tamén composteláns. Serán sesenta e sete espectáculos e 57 bandas e/ou os que pasarán ola cidade do 1 ao 26 de agosto.

O programa foi presentado na Praza de Cervantes, coa presenza de Manu Rodríguez e Ánxeles Porto por parte da organización; a vicepresidenta da Deputación da Coruña, Goretti Sanmartín; e o alcalde da cidade, Martiño Noriega, ademais da actuación do trío compostelán Handle with Swing. Manu Rodríguez reivindicaba a singularidade de Compostela e falaba do cartaz no que dous músicos do Pórtico da Gloria están tocando como demostración de que a música de rúa ven de vello

Ánxeles Porto pola súa banda falaba do papel da asociación Cidade Vella como dinamizadora da vida cultural da cidade desde hai anos

Como vén sendo habitual, o groso do festival recae nos concertos de pequeno formato realizados nas terrazas dos establecementos organizadores, mais tamén haberá lugar para noites con artistas de maior formato. Así, á parte de rúas como a Vía Sacra, a rúa da Orfas, a Praza de Feixóo, Tras San Fiz de Solovio ou rúa Xelmírez; tamén haberá actuacións nas prazas de Mazarelos, San Martiño Pinario ou Cervantes.

Bandas locais e internacionais

Nestes 26 días de programación continuada, con dous ou tres concertos diarios en diferentes puntos da cidade, poderanse ver concertos de moitos xéneros musicais e tamén de distintas procedencias. Tal e como é sinal de identidade desde o comezo da propia existencia deste festival, promovese a escena local cunha programación na que se prima o talento de proximidade. Bandas como Som do Galpóm, The Show Bass, Alejandro Vargas Quinteto, Loiros, Soulwide, Talabarte, Nastasia Zürcher, Quarks, Os Barbitúricos, Habelas Hainas, Oîma, Mad Martin Trio ou The Fabulous Resaca Brothers terán o seu espazo na programación.

Alén disto, tamén tocarán bandas internacionais como Napalma (Brasil), Senza, María Reis (Portugal), Pedro Luis Ferrer & Lena Ferrer (Cuba) e Harmonica Creams (Xapón).

Por segundo ano consecutivo o Feito a Man conta unha app móbil, tanto para móbiles Android como iOS, que se pode descargar de forma gratuíta.

Este festival, organizado pola asociación cultural Cidade Vella, está apoiado polo Concello de Santiago e pola Deputación da Coruña, ademais de patrocinado por Estrella Galicia.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies