A nena e o grilo máis alá este domingo no auditorio Abanca de Compostela

0

Compostela, 13 de abril do 2019 – No marco do proxecto multidisciplinar «Sonoro empeño” Afundación acolle este domingo no Auditorio Abanca de Santiago o espectáculo de Magin Blanco A nena e o grilo máis alá.

A nena e o grilo é sen duda un dos musicais máis aclamados polo público familiar dos últimos tempos. Magín Blanco e Teatro dos Ghazafelhos volven este domingo a Compostela a partir das seis da tarde. As entradas, 5€, están dispoñibles na web Ataquilla.com.

A exposición

A través de 51 pezas asinadas por artistas como Wassily Kandinsky, Pablo Picasso, José Manuel Broto, Óscar Domínguez, Rafael Úbeda, Urbano Lugrís, Luis Seoane, Menchu Lamas, Xaime Quessada, Elena Gago ou Susana Solano entre outros, este proxecto expositivo ilustra a relación e os puntos en común que comparten a música e as artes plásticas. Mediante obras pertencentes ás Coleccións de arte de ABANCA e Afundación, asume o ambicioso reto de amosar este vínculo, un tema recorrente ao longo da historia da arte que foi obxecto de numerosas teorizacións e reflexións e deu pé a novas formas creativas.

A mostra poderase visitar ata o vindeiro 15 de setembro no Centro Obra Social ABANCA, de martes a venres en horario de 17.00 a 21.00 h, e os sábados, domingos e festivos, de 11.30 a 13.00 h e de 17.00 a 21.00 h, e contará con servizo de audioguía.

Programación de actividades

A música, de diferentes xéneros e estilos, ocupará un lugar protagonista da programación, con agrupacións como o grupo de danza Media Punta, O Coro da Rá, Carolina Rubirosa e Rafael Otero, Oh Ayatollah, o Trío Modulador de Ondas e Samuel Diz.

Desde o 25 de abril ao 25 de maio terá lugar o ciclo de cinema sobre arte e música «Sonoro Empeño» cun cartel conformado polas películas Mr. Turner, de Mike Leigh; Loving Vincent, de Dorota Kobiela e Hugh Welchman; La dama de oro, de Simon Curtis; Big eyes, de Tim Burton; e El profesor de violín, de Sérgio Machado.

Ademais, propoñerase unha nova maneira de gozar da sétima arte con proxeccións acompañadas de música en directo. Os músicos Lois Carlín e Pablo Seoane poñerán o acompañamento musical a clásicos do cinema como El maquinista de la General (The general) e El fotógrafo (The cameraman) de Buster Keaton.

Para os máis pequenos preparouse a programación «Sonoro miúdo» con obradoiros infantís de instrumentos musicais reciclados; o taller musical para bebés Moraima; o musical infantil de Magín Blanco e Teatro Ghazafelhos, A meniña e o grilo máis aló; o espectáculo musical que repasa a historia do jazz, Gallaecia Gallaeciños; e Cousas de catro, de Odaiko Percusión, un espectáculo con instrumentos de percusión.

Para rematar a extensa programación, tomará o protagonismo a gastronomía co chef Pepe Solla, quen ofrecerá un taller demostración – degustación.

Ademais, a Área Educativa de Afundación deseñou unha serie de didácticas adaptadas aos diferentes tramos de idade para que os escolares da cidade e comarca compostelá gocen e aprendan coa música, as artes plásticas e os grandes autores do panorama artístico. Así, os escolares de infantil a 3.º de primaria poderán participar na didáctica As catro estacións da arte e a música; desde 4.º de primaria a 2.º de ESO, en Das audicións ás sensacións; e os de 3.º e 4.º de ESO, bacharelato e ciclos formativos, en Sonoro empeño.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial