займ срочно

A Noite do Patrimonio en Compostela presenta unha proposta de Daniel Abreu

0

Compostela, 12 de setembro do 2018 – O sábado 15 de setembro celébrase a Noite do Patrimonio, a gran festa simultánea coa que as 15 cidades Patrimonio da Humanidade conmemorará os 25 anos da creación do Grupo que as ampara.

Compostela acollerá ese día o programa Escena Patrimonio, que inclúe representacións de danza e teatro contemporáneo en cada unha das cidades. A cita é ás 21:00 horas, na praza da Quintana, coa posta en escena de Más o menos inquietos, de Daniel Abreu, Premio Nacional de Danza en 2014.

Dentro da programación desta xornada, que contempla a apertura extraordinaria de centos de espazos patrimoniais e a estrea simultánea en todas as cidades da película Labirintos líricos, de Boamistura, destaca a sección Escena Patrimonio, un apartado específico e con identidade propia, no que, a modo de festival de artes escénicas, a danza contemporánea e o teatro serán os protagonistas.

Serán 15 espectáculos, un en cada cidade da rede, que se representarán en prazas, palacios, claustros, patios, xacementos arqueolóxicos, antigas igrexas ou outros espazos culturais significativos do seu rico Patrimonio. A selección das compañías e intérpretes participantes foi realizada pola Comisión de Educación e Cultura do Grupo, formada polos concelleiros e concelleiras desta área, co asesoramento artístico de Lorenzo Pappagallo, que configuraron un programa no que a danza contemporánea, as novas dramaturxias e o teatro xestual serán os protagonistas e dialogarán cos espazos de patrimonio para difundir unha mensaxe estética, social e colectiva para os habitantes e visitantes das 15 cidades.

Semana do Patrimonio Invisible

A Noite do Patrimonio enmárcase tamén dentro da Semana do Patrimonio Invisible, unha iniciativa que permitirá redescubrir Santiago a través das visitas guiadas a sete espazos que non forman parte dos circuítos habituais. As actividades serán dende o xoves 13 ata o martes 18 de setembro.

 

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies