займ срочно

A obra Elisa e Marcela de Panadaría Teatro volve ao Salón Teatro

0

Compostela, 26 de outubro do 2018 – Elisa e Marcela, a coprodución de Panadaría teatro e o Centro Dramático Galego volve ao lugar onde naceu, o Salón Teatro.

A peza narra a historia de dúas mulleres, Elisa e Marcela, que casaron no 1901 na igrexa de San Xurxo na Coruña converténdose no primeiro matrimonio homosexual de España.  Dirixida a un público adulto, a obra aborda en clave de humor o casamento e os posteriores sucesos que envolven a súa historia. As actrices Areta Bolano, Noelia Castro e Alién Kendelman son as protagonistas desta peza, cuxa dirección correu a cargo de Gena Baamonde.

A obra poderase ver as oito e media da tarde hoxe e mañá sábado e o domingo 28 as seis. Toda a información e venda de entradas na web do CDG.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies