A Ópera “Lucia di Lammermoor” poderase ver en Ames

0

Ames, 6 de xullo do 2018 –  O Concello de Ames súmase á celebración da Semana da Ópera coa retransmisión de “Lucia di Lammermoor”, este sábado, 7 de xullo, ás 21.30 horas, no auditorio da Casa da Cultura de Bertamiráns.

O Teatro Real celebra a cuarta edición da Semana da Ópera entre os días 2 e 8 de xullo, cunha serie de actividades destinadas a todos os públicos, gratuítas e participativas, coas que quere que todos se sumen á conmemoración do seu Bicentenario. Unha destas actividades é a retransmisión desta Ópera en museos, teatros, centros culturais, prazas, parques, auditorios e concellos de toda España e tamén en Facebook Live, Palco Digital e Opera Vision.

“Lucia di Lammermoor” é un drama tráxico composto por Gaeteno Donizetti. Trátase da segunda ópera máis representada deste compositor. Está baseada no Best-Seller do século XIX “The bride of Lammermoor” de Walter Scott. Estrouse no Teatro  San Carlo (Nápoles) o 26 de setembro de 1835 e está considerada “a traxedia operística por excelencia”.

A través do sinal desde o Teatro Real da Ópera, os asistentes poderán presenciar o máis logrado e célebre da extensa lista de dramas líricos de Gaetano Donizetti. Daniel Oren, na dirección musical, e David Alden, na dirección escénica, transportarannos á fría e húmida Escocia xunto a un reparto no que destacan Lisette Oropesa, Venera Gimadieva, Javier Camarena, Ismael Jordi e Roberto Tagliavini, entre outros.

A última vez que se representou esta obra operística no Teatro Real foi en novembro de 2001. En total representouse en 242 ocasións ao longo dos 200 anos de vida do Teatro Real. Narra a tráxica historia de dou amantes frustrados que acaba en loucura e asasinato. Vaise retransmitir en moitos lugares de toda España, en auditorios e ao aire libre. Aquí en Galicia retransmitirase nos concellos de Cambre, Ordes, Ames, O Grove e Lugo.

Trama da obra operística

A trama de “Lucia di Lammermoor” xira en torno a unha moza namorada que cae na máis profunda desesperación ao verse acusada polo seu amante da traizón por casarse contra a súa vontade, con outro home. O que o amante descoñece é que as nupcias celebráronse baixo unha falsa presunción de infidelidade. A dor que inunda á moza agonía ata o punto de facela tolear, dando pé a unha das escenas máis célebres da historia da ópera, tanto pola súa xenialidade musical como polo nivel de introspección psicolóxico que revela. O ineludible tráxico desenlace rubrica unha obra que mantén hoxe intacta a súa capacidade para emocionar.

Dende o pasado 22 de xuño e ata o próximo 13 de xullo, o Teatro Real ofrece quince funcións de “Lucia di Lammermoor”. Baseada na novela histórica de Walter Scott, “The Bride of Lammermoor”, que Salvatore Camarano transformou en libreto, a ópera é fiel reflexo do melodrama romántico con emocións, amores imposibles, conflitos ancestrais, traizóns, tolemia, morte… Donizetti compuxo a música en apenas un mes, influenciado polo triunfo de I puritani, do seu rival Vincenzo Bellini, cuxa ópera ten tamén unha estremecedora escena de tolemia.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies