A oposición ao proxecto mineiro en Touro O Pino chega a xunta de accionistas de Atalaya Mining

0

Bisbarra, 26 de xuño do 2018 – A loita contra os proxecto mineiros de Atalaya Mining en distintos puntos de España chega ata a Xunta de accionistas da empresa Atalaya Mining que esta semana celébrase en Londres.

Mañá mércores Luís GalIardo, da plataforma de afectados polo proxecto mineiro de Touro, e a avogada ambientalista Elena Solís asistirán por primeira vez á Xunta de accionistas da empresa que o impulsa, Atalaya Mining. A empresa, que cotiza no Mercado Alternativo de Valores e na Bola de Toronto, ten, ademais do de Touro O Pino, o proxecto dunha galería de extracción de Zinc en Cantabría, na zona poboada de Santillana del Mar ademais de ser responsable de tres presas de lodos asociadas a Riotinto e das que Ecoloxistas en acción xa advertiu do alto risco de colapso que sofren pola mala xestión.

Luís Gallardo, que acode a Londres en representación da Plataforma Mina de Touro O Pino NON, indica que “esiximos que o proxecto se deteña e que a empresa abandone a zona. Acudimos a Xunta de accionistas da empresa como parte das accións para parar o proxecto, queremos que os investidores de Londres entendan que non é viable e que a empresa está mentindo con respecto ao goberno galego, a sociedade e a propia empresa”. Pola súa banda a avogada ambientalista Elena Solís, encargada da área de minas de Ecoloxistas en Acción, explica que “as empresas como Atalaya Mining teñen como prioridade aumentar os beneficios a costa de reducir investimentos en seguridade. A situación en Riotinto, en Andalucía, é desesperada e pon en risco vidas humanas.  Por outro lado estamos desconcertados coa intención de construír unha galería de 5 kilómetros, para o proxecto de extracción de zinc en Santander, tan só na fase de exploración xa que pode causar afundimentos en zonas poboadas”.

Os colectivos que se uniron para poder levar as protestas a Londres son a Propia Plataforma Touro O pino NON, Ecoloxistas en Acción, ContraMINAccion, Rede contra a minería destructiva na Galiza, Si a la vida no a la mina/Yes to life, No to Minning, YLNM, Gaia Foundation e London Mining Network.   

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies