A oposición de Padrón reclama explicacións sobre os plans urbanísticos do concello

0

Padrón, 17 de xaneiro do 2019 – O próximo luns o concello celebrará dous plenos solicitados pola oposición que reclama explicacións sobre os plans urbanísticos do concello.

PSdeG-Psoe, Veciños de Padrón, Alternativa por Padrón, Bloque Nacionalista Galego e Converxencia de Independentes de Padrón uníronse para saber os detalles dos distintos plans que afectan ao casco histórico e a ordenación urbanística de Padrón. A oposición solicita coñecer o estado  en que se atopan a revisión do Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Padrón, a redacción do Plan Especial de Protección e rehabilitación do conxunto histórico (PEPRCH) de Padrón, a redacción do Plan Espacial de Protección da ex-colexiata de Santa María de Iria Flavia e o seu entorno

Na exposición de motivos presentada o 28 de decembro a oposición repasa algunhas das axudas recibidas polo concello para estes traballos. Lembran a axuda de  máis de 142.000 euros para o Plan Xeral de Ordenación Municipal que datan do 2007, traballos adxudicados por un prezo de 157.000 euros  aos que se tivo que incorporar unha cartografía cuxa realización adxudicouse por 39.000 euros máis.  

O Plan Plan Especial de Protección e Rehabilitación do conxunto histórico tivo no 2010 unha axuda de máis de 191.000 euros; ese mesmo ano o concello recibiu outra de 119.000 € para o Plan Especial de Protección da ex-colexiata de Santa María de Iria Flavia.

Todos estes traballos terían, según a oposición, que estar rematados atendendo aos prazos previstos para a redaccións dos Plans Especiais e do novo PXOM. Denuncian que o equipo de goberno formado por PP e PGD non cumpren o compromiso de informar sobre o estado dos traballos nin tampouco sobre as modificacións ou reaxustes que se están producindo nos prazos para a finalización dos proxectos. Poñen como exemplo de esta falta de información o feito de que en outubro pasado a empresa adxudicataria presentaba por rexistro documentación relativa ao proxecto da ex-colexiata de Iria Flavia que corresponderían coa anualidade do 2014.

Na exposición de motivos os grupos da oposición reclaman en primeiro lugar unha explicación das causas do incumprimento dos prazos inicialmente establecidos así como dos reaxustes que se foron producindo con explicación das circunstancias dos mesmos. A continuación reclaman información sobre os traballos realizados e o estado actual da tramitación do redacción do novo Plan Xeral de Ordenación Municipal; explicación dos traballos realizados e do estado actual da tramitación do redacción do Plan Especial de Protección e Rehabilitación do conxunto histórico (PEPRIC); explicación dos traballos realizados e do estado actual da tramitación do redacción do Plan Especial de Protección da ex-colexiata de Santa María de Iria Flavia e o seu entorno. Finalmente instan ao goberno municipal para que se axilicen os traballos de redaccións do novo plan xeral e dos plans especiais e se cumpran as fases de redacción dos mesmos.

 

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial