A Plataforma Casalonga Limpa de Residuos convoca unha manifestación de 24 horas

0

Teo, 20 de marzo do 2019 – A Plataforma Casalonga Limpa de Residuos ven de convocar unha manifestación que ten previsto durar 24 horas e na que participarán diferentes colectivos da comarca.

A mobilización convócase como resposta as novas aparecidas en prensa o pasado sábado que indicaban que Toysal renunciaba a instalación do vertedoiro pero xa solicitara explotar a antiga canteira.

A Plataforma Casalonga anuncia que os actos comezarán o sábado 23 ao mediodía e continuará ata o domingo día 24. Ao remata das 24 horas celebrarase unha gran manifestación veciñal que dará comezo ás 12h no campo da festa do Monte Carmelo para logo baixar pola N-550 ata a entrada da canteira. Durante ese tempo ANPAS, gandeiros, asociacións culturais, políticos, clubes deportivos, eclesiásticos, comisións de festas, plataformas medioambientáis, e demais colectivos da comarca farán relevos dunha hora de duración para manifestarse ao longo da N-550 ao seu paso pola Casalonga. Con este acto simbólico a Plataforma quere lembrarlle á empresa de lixo que a veciñanza permanece alerta 24h ao día os 365 días do ano sen baixar a garda.

Unha restauración xa conseguida

O colectivo considera que esta explotación da canteira obedece a un intento de dilación do dereito mineiro, que doutra maneira caducaría en breve, para así xustificar un futuro plan de “restauración” da canteira.  Según explican esta “restauración nunca tería que facerse efectiva, posto que a canteira a día de hoxe xa se atopa rexenerada de maneira natural mediante unha lagoa que xerou ao seu arredor todo un ecosistema no que habitan e crían numerosas especies como patos e outras aves”.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial