займ срочно

A Plataforma Casalonga Limpa de Residuos explicou no Milladoiro as consecuencias que tería o proxecto de Toysal

0

Ames, 10 de xullo do 2018 – Cerca de cen persoas asistiron a charla que a Plataforma Casalonga Limpa de Residuos dou na Casa da Cultura do Milladoiro.

O acto serviu para recoller apoios e explicar as consecuencias directas para o núcleo urbano máis importante de Ames. A Plataforma Casalonga fixo unha presentación na que debullou o proxecto pensado para a Canteira de Miramontes e os detalles que poden ser menos coñecidos. Na entrada unha mesa recollía firmas dos veciños e vendía camisetas, uns cartos que, como se dixo no acto, servirán para loitar legalmente si chega a ser necesario.

Unha das imaxes mostrada pola Plataforma Casalonga marca a distancia a que se atopa o Milladoiro da zona onde se ubicaría a futura planta

Unha das imaxes mostrada pola Plataforma Casalonga marca a distancia a que se atopa o Milladoiro da zona onde se ubicaría a futura planta

Na charla explicouse polo miúdo o tipo de residuos que poden acabar na planta, que son de todo tipo incluíndo lodos procedentes da celulosa de ENCE en Pontevedra; falouse da documentación presentada ante o concello e na que queda sen explicar a onde iran a parar máis de 15.000 toneladas de residuos xa que esa é a diferenza entre as que se pretenden levar e as que se di que sairán recicladas e mostráronse mapas de direccións do vento que demostran que o Milladoiro podería sufrir os cheiros máis de 150 días ao ano. O acto serviu tamén para contar casos de plantas parecidas en outras partes e como comezaban sendo un proxecto ecolóxico e ao cabo dun ano as queixas da poboación obrigaban a tomar medidas. O exemplo máis cercano o de As Somozas onde a mesma empresa que se quere instalar en Teo ten un centro. Alí os veciños din que o cheiro fai insostible vivir e hai dous anos un accidente provocou un incendio que durou 15 días ata que se conseguiu apagar.

Ao remate da charla falábamos cun membro da Plataforma que achaba proxectos como o da Casalonga ou o de Touro as reformas feitas nas leis nos últimos anos

Tamén nos explicaba que Toysal ten mala fama incluso entre as propias empresas do sector

Por outra banda as consecuencias negativas da planta non son algo futurible se non que xa coñecen de casos nos que se paralizaron proxectos pensados para a zona

Xunta de asociados o próximo xoves

A Plataforma Casalonga Limpa de Residuos ven de convocar para este xoves, no restaurante San Martiño as oito e media da tarde, a primeira xuntanza de asociados e de veciños afectados. A día de hoxe son xa máis de 400 as persoas que participan na Plataforma. No acto formalizarase a presentación pública do colectivo e explicaranse as accións levadas a cabo ata o momento.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies