займ срочно

A Plataforma Casalonga Limpa de Residuos reclama acción ante as institucións

0

Teo, 6 de decembro do 2018 – Tres escritos presentou esta semana a A Plataforma Casalonga Limpa de Residuos reclamando accións concretas de protección ante diferentes administracións.

Casalonga Limpa apelou ao Parlamento presentando un escrito no rexistro  dirixido a cada un dos grupos políticos instando á protección do solo rústico, das canteiras en desuso e unhas distancias mínimas ás casas.

No Concello de Teo a Plataforma presentou outro documento dirixido ao alcalde con copia a todos os grupos políticos municipais, instando á modificación do PXOM para que se protexa o monte da Casalonga.

Para rematar o colectivo veciñal presentou outro escrito no Ministerio de Transición Ecolóxica no que se insta ao goberno a cambiar a normativa estatal, concretamente os reais decretos 975/2009 e 105/2008 que obrigan a restaurar as canteiras en desuso con calquera tipo de materiais, chamándolle “materiais valorizados” só polo feito de enterralos.  As empresas que xestionan residuos aproveitan estes resquicios legais para instalar vertedoiros altamente contaminantes en lugares totalmente inapropiados como aqueles cercanos ás casas, densamente poboados e cun gran patrimonio histórico e cultural como é o caso do entorno da Casalonga, no concello de Teo.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies