A Plataforma Casalonga Limpa de Residuos reuniuse co Director Xeral de Minas Bernardo Tahoces

0

Teo, 23 de abril do 2019 – O Director Xeral de Minas, Bernardo Tahoces, estes días de actualidade pola súa imputación nunha investigación por un delito medioambiental, recibiu a membros da Plataforma Casalonga Limpa de Residuos.

Tahoces informou aos resperesentantes veciñais do recén aprobado acceso ao expediente da canteira da Casalonga solicitada pola plataforma dende mediados de febreiro. Aseguraron que estará en posesión do colectivo nun prazao de dous días.

A documentación que recibirá a Plataforma é só o novo Plan de Restauración da canteira pero non o Plan de Labores, documento imprescindible para que a plataforma poida facer un seguimento da actividade da empresa. A razón é que Toysal negouse e a administración tivo que volver a tramitar a solicitude por non ver fundamento para a negativa. A empresa ten 2 meses para poder recorrer esta decisión da Xunta.

O Director Xeral de Enerxía e Minas amosouse comprensivo co medo amosado pola veciñanza  a que a antiga canteira se encha de residuos coa súa restauración e comprometeuse a aumentar a vixianza sobre a empresa de dúas maneiras: a primeira, obrigándoa a contratar un organismo externo encargado de controlar se os materiais que van a entrar na canteira son os axeitados para restaurala ou non e a segunda, obrigándoa a entregar un plan de seguimento e vixianza ambiental.

Falta de viabilidade

A Plataforma Casalonga Limpa explicou ao Director Xeral que a mina non é viable nas condicións actuais e polo tanto existe a sospeita de tratarse dunha escusa para poder encher de residuos o lugar. O Director Xeral indicou que non é a súa competencia valor ar a viabilidade da explotación.  A plataforma entende que debería estar regulado por lei a viabilidade económica dunha actividade para poder concederlle os permisos pois non é unha actividade inocua, traerá prexuízos á veciñanza polas explosións continuas, os movementos de terras, a contaminación dos mananciais e a destrución dun espazo xa restaurado de xeito natural, cheo de vida vexetal e animal.

Da reunión á plataforma tirou un terceiro compromiso por parte de Ángel Bernardo Tahoces: obrigar á empresa a restaurar dende o primeiro momento co material que xa foi extraído da propia mina fai anos e que se atopa alí amoreado. A plataforma ve máis razoable que non se permita traer material externo á canteira para restaurala, nin ao principio nin ao final do proceso, pois co material alí existente e con algunha obra máis pódese obter un espazo seguro e limpo, máis acorde co espírito dunha restauración. 

A plataforma tamén ve necesario un cambio lexislativo que vincule a opinión do concello e do tecido social da zona á elaboración e aprobación dos plans de restauración das canteiras, pois actualmente é a empresa dona dos terreos e a Xunta quen decide como vai a quedar o espazo tras a súa actividade. Son os habitantes do concello os que finalmente van a disfrutalos ou padecelos, debería ser determinante a súa opinión.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial