A Plataforma Mina Touro O Pino NON acusa ao Parlamento de censuralos

0

Compostela, 14 de marzo do 2019 – A Plataforma de veciños Mina Touro O Pino NON denuncia que na sesión do Parlamento de Galicia de este mércores foron censurados e sometidos a controis sen motivo aparente.

Mina Touro O Pino Non acudiu, como en outras ocasións, a sesión do Parlamento na que se presentaba unha pregunta sobre o inicio dunha campaña sobre a minería nos centros escolares. A diferenza de outras veces os membros da Plataforma, que lucían camisetas contra a mina, foron fotografados e obrigados a deixar as camisetas fora da tribuna de público.

Catro foron, en total, os minuciosos controis que tiveron que pasar ata poder sentar a escoitar o debate parlamentario, sen ningunha peza de roupa alusiva as súas reivindicacións. Os representantes do colectivo lembran que o Regulamento do Parlamento de Galicia nada di ao

respecto cando recolle as normas de orde dentro do recinto parlamentario. A plataforma pregunta a que se deberon estes novos e exhaustivos rexistros que nada teñen que ver coas normas sobre a orde nas tribunas do parlamento galego e por que de súpeto non se poden vestir camisetas cos nomes das asociacións, plataformas ou entidades que representan aos cidadáns, cando ata agora non había ningún inconveniente en facelo.

Desde a plataforma de Touro espérase que se deba a un malentendido, pois o contrario levaría a pensar que  alguén dá ordes de evitar visibilizar a presenza e as reclamacións dos veciños e veciñas de Touro e O Pino nas institucións galegas, o cal sería máis grave aínda sendo na institución de representación do pobo.

Sen respostas

Na sesión plenaria do Parlamento de Galicia a deputada de En Marea, Luca Chao, preguntáballe ao goberno galego sobre os obxectivos da posta en marcha nos centros educativos dunha campaña de concienciación infantil e xuvenil a favor da  minería en Galicia.

A Plataforma Mina Touro O Pino NOn denuncia que a conselleira de Educación, Carmen Pomar, nin se molestou en asistir para responder sobre o financiamento por parte @de la Xunta da mencionada campaña educativa. Según o colectivo o único membro do goberno galego que quedou para responder foi o conselleiro de Industria que “tirou de demagoxia barata para defender o kit educativo da Cámara Mineira de Galicia, argumentando que un dos cómics supostamente educativos, O tesouro das estrelas, ten como protagonista a unha muller que traballa na  minería e acode á escola da súa filla para contar a que se dedica”.

Tamén respondeu Francisco Conde que “parece que a actividade mineira en Galicia é ilegal, e debería saber que está regulada por unha lei”. A asociación lémbralle ao responsable da consellería que existen

múltiples irregularidades nas que a  minería incorre en Touro e O Pino, así como en moitos outros puntos da xeografía galega “onde as mineiras e os gobernos locais coñecen a lei pero, se non lles convén, porque non lles resulta economicamente rendible, non a aplican”.

Finalmente a Plataforma reclama ser recibida polo Conselleiro xa que leva desde outubro de 2017 esperando por unha resposta á petición de audiencia con el.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial