A Plataforma Mina Touro O Pino NON esixe a dimisión do Director Xeral de Minas, acusado de prevaricación medoambiental

0

Touro, 18 de abril do 2019 – A noticia de que o Director Xeral de Minas, Ángel Bernardo Tahoces, está imputado por un presunto delito de prevaricación medioambiental é o motivo polo que a Plataforma Mina Touro O Pino NON decidiu pedir a súa dimisión.

A imputación de Tahoces está relacionado coa reapertura da mina de San Finxs en Lousame. Según a acusación o actual Director Xeral de Minas permitiu, presuntamente, que a actividade comezara sen o obrigado estudo de impacto ambiental; posteriormente non se sancionaron os vertidos de augas residuais nin tampouco se esixiron responsabilidades polo estado das balsas. Todos estes feitos son os que motivan a declaración que se producirá o próximo 2 de maio.

Ángel Bernardo Tahoces

Para a plataforma veciñal en estas condicións o Director Xeral de Minas non pode ser o responsable de decidir sobre o futuro de Touro e O Pino. Engaden a estes feitos a “mala fama do cargo en anteriores postos. Xa a principios do ano 2001 soubemos da súa pésima xestión da crise das vacas tolas como Secretario Xeral de Industria, algo que en Touro tamén sufrimos, pois o xa por aquel entón alcalde, Ignacio Codesido, tivo a flamante idea de ofrecer a antiga mina de Touro como lugar ideal

para enterrar as reses mortas. Máis tarde, en 2013, o seu nome volvía soar relacionado con irregularidades e arbitrariedades na tramitación da mina de ouro de Corcoesto, despois de que a empresa promotora destapase unha suposta trama na que amigos do presidente Feijóo, entre os que se atopaba, reclamaban dólares nunha maleta Samsonite”.

Desde a Plataforma Veciñal Mina Touro – O Pino NON esixen a dimisión inmediata de Tahoces. Un directivo “cun currículo tan manchado non pode estar á fronte dese departamento, e moito menos ser o responsable da decisión sobre o proxecto mineiro de Touro, no que hai en xogo o futuro e a vida de tantas persoas e do medio ambiente”.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial