займ срочно

A Plataforma veciñal Mina Touro O Pino NON reúnese co Secretario de Estado de Medio Ambiente

0

Bisbarra, 2 de abril do 2019 – Membros da Plataforma Mina Touro O Pino NON, xunto ao concelleiro socialista de O Pino Óscar Vilar, viaxaron a Madrid para reunirse co Secretario de Estado de Medio Ambiente Hugo Morán.

O encontro celebrouse na sede do Ministerio para a Transición Ecolóxica. Veciños e concelleiro transmitíronlle ao Secretario de Estado a situación en O Pino e Touro derivada do peche da antiga mina e os proxectos de reapertura.  Tamén explicaron os constantes e repetidos vertidos de augas ácedas, contaminadas con metais pesados, os ríos da zona, principalmente no Ulla, e que posteriormente rematan na Ría de Arousa. Insistiron en que estes vertidos carecen de autorización por parte de Augas de Galicia, e están a provocar algún que outro expediente sancionador a actual empresa que xestiona a explotación, “pero de escasa repercusión económica”, segundo manifestan.

Pola súa banda, o Secretario de Estado de Medio Ambiente, Hugo Morán, mostrou bastante interese no asunto, e comprometeuse a estudalo, unha vez dispoña de toda a documentación, expedientes incluídos, para logo despois actuar en consecuencia e sempre dentro do marco competencial do Ministerio.

A dirixente do MST, Marina dos Santos, visitou Touro

Simultaneamente ao encontro en Madrid, a dirixente do Movimento dos Trabalhadores Rurais Sem Terra -MST1 de Brasil, Marina dos Santos, realizaba unha visita a Touro, organizada polo Sindicato Labrego Galego no marco dos seus actos de conmemoración da Declaración dos Dereitos dos Labregos da ONU.

Na cita, Dos Santos puido coñecer, de man da veciñanza, os impactos da minería destrutiva, tanto neste concello como no veciño do Pino. Destacou que vía reflectida en Touro a mesma situación que en calquera outra das moitas comunidades que tiña visitado antes en Latinoamérica.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies