A poesía é un globo, de Fran Alonso, en Ames dentro do programa Apego

0

Ames, 10 de abril do 2018 – A actividade A poesía é un globo terá lugar este venres, 13 de abril, ás 18:00 horas, na Casa da Cultura do Milladoiro. Dirixida a familias con nenas e nenos entre os 3 e os 6 anos, a actividade correrá a cargo do escritor e editor Fran Alonso, quen a través desta iniciativa tentará fomentar o interese nas crianzas pola poesía e polo ritmo.

Para inscribirse na Poesía é un globo é preciso enviar un correo ao enderezo electrónico normalizacion@concellodeames.gal, indicando o nome e os apelidos das persoas participantes, a súa idade e un teléfono de contacto. As prazas outorgaranse por orde de inscrición.

A poesía é un globo é un espectáculo-recital de poesía infantil adaptado para crianzas entre os 3 e os 6 anos, que busca espertar o interese pola poesía e polo ritmo a través de diversos recursos como a oralidade, a lectura, o son, o audiovisual ou o teatro. O espectáculo parte de poemas do escritor e editor Fran Alonso, quen será o encargado de desenvolver a actividade. O corpus central dos poemas pertencen ao seu libro Poemas birollos para ler cos ollos, aínda que a actividade tamén recolle outros poemas doutras obras tanto súas como doutras destacadas autoras e autores da poesía galega infantil e xuvenil. A actividade introducirá aos cativos no goce da poesía e no funcionamento lúdico da linguaxe poética, dun xeito didáctico e gráfico, ligándoa á vida cotiá e a diversas disciplinas como a música, a expresión corporal, a expresión plástica ou mesmo ás novas tecnoloxías. Con esta actividade, búscase presentar a poesía como unha realidade próxima, botando man da tradición oral coa que as cativas e cativos conviven a diario sen decatárense.

Fran Alonso é escritor, editor e xornalista. Autor dunha ampla obra literaria que atende a diferentes xéneros, os seus traballos mereceron o recoñecemento da crítica e do público. Membro fundador do Espazo Lectura, na actualidade é o subdirector para a edición xeral da editora Xerais. Autor de máis de 30 obras, algunhas delas colectivas, é o responsable da recoñecida antoloxía Poetízate, da que xa se publicaron 13 edicións. Entre a súa obra poética sobresaen, entre outras, as obras Persianas, pedramol e outros nervios (1992), Tortillas para os obreiros (1996), Subversións (2002) e Balada Solitaria (2004).

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial