A Policía Local de Ames lembra que en abril remata o acordo asinado ante mediación laboral

0

Ames, 20 de marzo do 2019 – Sen facer ningunha crítica, pero lembrando que quedan 12 días, os representantes sindicais da policía local de Ames veñen de emitir un comunicado lembrando o acordo asinado co concello.

Os sindicatos CCOO e CSIF, representantes da policía local, poñen de manifesto na nota que pola súa parte cumpríronse os acordos alcanzados “Eles comprometéronse a cesar nas súas protestas públicas e na medida de presión que tiñan levado a cabo. Esta consistía en non facer horas extras voluntarias.Tal é así que en distintos eventos organizados polo Concello (carreira Transgalaica, Antroido, etc) os membros da Policía que estaban de día libre foron reforzar o servizo según lle pediron dende o Goberno”.

Rematan dicindo que “esperan dar por rematado o conflito co cumprimento do asinado polo Alcalde en Mediación e nos prazos acordados (antes de abril, como indica o acordo asinado)”.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial