займ срочно

A Policía Local de Compostela cobrará as horas extras pendentes

0

Compostela, 28 de setembro do 2018 – O concello de Santiago celebrou un pleno extraordinario que aprobou o pago das horas extras pendentes a Policía Local.

A Policía Local de Compostela cobrará as horas extrs pendentes

O pago que o concello fará corresponde aos meses de setembro, outubro e novembro do 2017. No mes de xullo xa se levara a pleno as débedas coa Policía Local pero un informe de intervención indicou que o expediente debía volver ao Pleno para detallar mellor o importe das horas extras. O pago acordado ascende a case 150.000 euros e foi aprobado cos votos a favor de Compostela Aberta, PSOE e BNG, mentres que o PP optou pola abstención.

A concelleira María Rozas aclarou que o pago das horas extras de 2018 á Policía Local está ao día. María Rozas lamentou que sexa preciso “tirar de horas extra para manter o servizo, algo que responde a que a taxa de reposición fixo que a Policía Local conte con 42 efectivos menos que hai unha década”.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies