A Policía Nacional detén en Santiago de Compostela a un home por un delito de incendio forestal

0

Foi detectado por unhas testemuñas cando iniciaba o lume. Xa fora detido previamente nunha ocasión por feitos similares. O incendio afectou a dez hectáreas de masa forestal, aínda que non alcanzou edificios nin causou danos persoais. O operativo encádrase no ámbito da “Operación Lumes”

 Santiago, 02/09/2016 – A Policía Nacional detivo, no día de onte, a un home en Santiago de Compostela como presunto autor dun delito de incendio forestal.

Os feitos producíronse ao redor das 00:50 horas, cando se recibe información na sala do 091 de que un home podería provocar un incendio na cuneta da estrada que comunica as localidades de Figueiras e Brins, ambas as pertencentes ao termo municipal de Santiago de Compostela.

Acudidos no lugar indicado os indicativos policiais, entrevístanse coas testemuñas que informaron dos feitos, os cales sinalaron que viran a un home prender lume á maleza da cuneta da estrada, para a continuación darse á fuga nun vehículo do que puideron achegar a descrición.

Desprazados á zona afectada polo lume, comproban que na mesma había un incendio de grandes dimensións, ao que xa acudira o servizo de extinción de incendios da Xunta de Galicia, composto por varias motobombas.  Ao lugar tamén acudiron axentes forestais, varias cuadrillas de extinción de incendios e unha dotación da Unidade Adscrita do Corpo Nacional de Policía á Xunta de Galicia

Por todo iso, iniciouse un despregamento policial para a localización do autor dos feitos e do vehículo no que fuxira, que finalizou coa identificación do mesmo, o cal foi recoñecido por un das testemuñas que se atopaba no lugar nese momento, procedéndose inmediatamente á súa detención.

Tras tramitarse as correspondentes dilixencias policiais polos feitos, foron remitidas á autoridade xudicial, que decretou o ingreso en prisión do detido. Ao mesmo, cónstalle un antecedente por feitos semellantes.

Extinción do incendio sen danos persoais

O incendio, que se iniciou ás 0:40 horas, puido ser extinguido completamente sobre as 6:00 horas da mañá.

Grazas á intervención inmediata dos servizos de emerxencias, non se lamentaron danos persoais, aínda que o lume chegou a estar preto de edificacións. O incendio afectou a dez hectáreas de masa forestal.

Operación “Lumes”

Anualmente, nos meses de verán con maior risco de incendios, a Policía Nacional pon en marcha un dispositivo extraordinario do Plan de Prevención e Vixilancia de Incendios Forestais en Galicia, tamén coñecido como “Operación Lumes”, no que participan outros operadores de seguridade.

Establécese unha maior presenza policial e un sistema de patrullajes preventivos nos municipios designados, con especial atención ás parroquias de especial vixilancia establecidas pola Xunta de Galicia (as que se consideran de maior risco de incendios).

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial