A Ponte de Noia terá novo alumeado en tres meses

0

Noia, 5 de decembro do 2018 –  A Xunta de Galicia ven de adxudicar as obras de de alumeado da Ponte de Noia que teñen un prazo de execución de tres meses.

O proxecto dotará de alumeado ornamental o taboleiro da Ponte de Noia e mellorará o alumeado actual, evitando calquera problema de contaminación lumínica.O alcalde da vila, Santiago Freire, salienta que se trata dunha actuación que “porá en valor unha infraestrutura singular, como é a segunda ponte atirantada máis longa de Galicia, ao tempo que reducirá tanto o consumo actual e mellora a iluminación actual da contorna da ponte”.

As obras suporán a instalación de alumeado LED de 10W no taboleiro da ponte, que poderá ser apreciado de forma continua dende a ría. Así mesmo, substituiranse os actuais focos de 40 W por outros LED de 12 W, que permitirán alumear a mesma superficie con menor potencia. Tamén se substituirán os proxectores de 32W que iluminan os tirantes por outros de menor potencia, tamén de tecnoloxía LED, e instalarase un sistema de control de alumeado.

Un alumeado que non molestará ao condutor ao tempo que mellorarán as condicións paisaxísticas da zona, xa que se empregarán cores para darlle vida á ponte e dotala da posibilidade de cambio e movemento, posibilitando a creación de escenas mediante sistemas de regulación da intensidade da luz.

Dada a importancia desta ponte nas comunicacións da comarca, cun tráfico medio en torno aos 3.000 vehículos por día, non serán precisos desvíos nin cortes de tráfico durante a execución das obras. De feito, tan só en determinadas fases dos traballos podería interromperse a circulación por un carril, debido á ocupación de parte da calzada pola maquinaria precisa para executar a obra. Nese caso, regularase o tráfico a través de semáforos.

A Ponte de Noia está emprazada nunha das zonas máis singulares de Galicia, pola súa riqueza histórica, paisaxística, urbanística e económica, sempre relacionada co mar. Ten 1.657 metros de lonxitude e é a segunda atirantada máis longa executado pola Xunta de Galicia, tras o da Illa de Arousa. Posúe un total de 43 vanos, estando atirantados os tres centrais cuns vanos de 48, 102 e 48 metros de luz.  

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial