займ срочно

A Real  Filharmonía de Galicia pecha a tempada coa estrea en España de “A balada do cárcere de  Reading” de Jonathan  Rathbone

0

Compostela, 28 de maio do 2019 – A Real  Filharmonía de Galicia pecha esta semana a tempada de abono con dous concertos dirixidos por  Paul Daniel e coa estrea de “A balada do cárcere de  Reading”.

As dúas citas da Real Filharmonía serán as oito e media da tarde, o mércores no Auditorio de Galicia en Santiago e o xoves no Auditorio de Ferrol. O ensaio xeral do mércores 29 no Auditorio de Galicia será aberto ao público ata completar aforo, e comezará ás 11:00 horas.

Baixo o título “Pompa e revolución”, a Real  Filharmonía de Galicia ofrecerá un programa vinculado a diferentes revolucións sociais. Comezará con óbraa Pompa e circunstancia nº 1 do compositor británico Edward  Elgar (1857-1934). Trátase dunha marcha moi popular, utilizada aínda na actualidade en Estados Unidos e noutros países como himno nos actos de gradación.

A continuación soará a Marcha das mulleres da compositora británica Ethel  Smyth (1858-1944), que foi ademais una das líderes do movemento  sufragista. Compuxo esta canción no ano 1910 con letra da escritora feminista  Cicely  Hamilton, converténdose no himno do movemento  sufragista feminino no Reino Unido e noutros lugares do mundo. Será interpretada polo Coro feminino do Orfeón Terra A  Nosa, que dirixe o mestre Miro Moreira.

Daquela o público poderá gozar coa estrea en España da balada do cárcere de  Reading do tamén británico Jonathan  Rathbone (1957). Compúxoa a partir do poema homónimo que Óscar  Wilde escribiu tras a súa liberación da prisión de  Reading, á que foi condenado pola súa homosexualidade. O actor Luís Iglesia participará como narrador deste poema, que soará en galego.

Os concertos concluirán con Variacións Enigma de Edward  Elgar. É unha das súas obras máis coñecidas, tanto pola música como polo enigma que se esconde tras ela. Cada variación musical, un total de catorce, mostra un emotivo retrato dalgunhas das relacións sociais máis próximas do compositor.

Charla previa co director  Paul Daniel e co actor Luís Iglesia

Antes da celebración do concerto de abono do mércores en Santiago, o público asistente poderá manter unha charla previa co mestre  Paul Daniel e co actor Luís Iglesia. A cita será ás 19:45 horas na Sala Mozart do Auditorio de Galicia. Esta iniciativa enmárcase dentro dos “Convers@ndo con”, que promove a  RFG, coa finalidade de achegar a música ao público de maneira informal e distendida. Poderase participar neste encontro presentando a entrada do concerto.

Luís Iglesia (Riotorto-Lugo, 1962) tivo papeis protagonistas en series televisivas de gran audiencia na TVG como Lobos e  cordeiros, Pazo de familia,  As  leis de Celavella, Libro de familia ou Terra de Miranda e foi Carmelo Matalobos na exitosa serie Matalobos durante sete tempadas. Participou en series de Tele 5 como Vivir sen permiso, Piratas ou Hospital Central; no ministerio do tempo de TVE ou na TV  movie Entre bateas. Actuou en películas como  Julieta de Pedro Almodóvar, A praia dos afogados de Gerardo Guerrero, Somos xente honrada,  Vilamor, Secuestrados, Heroína ou O agasallo de Silvia, entre outras.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies