Padrón, 9 de outubro do 2020 – O Pleno extraordinario solicitado polo Psoe de Padrón, que tivo lugar este xoves, acabou sen acordo e coa proposta de “reconstrución” do concello rexeitada.
O voto de calidade do alcalde, xa que unha ausencia dunha concelleira do PP deixaba en empate a oposición e goberno, acabou por rexeitar as medidas propostas polo Psoe. O alcalde, Antonio Fernández Angueira, dicía que as propostas “na súa maioría son demasiado xenéricas como para poder ter unha aplicación real, e ademais varias destas medidas incorren en contradicións lexislativas respecto á normativa tanto estatal como autonómica”. Fernández Angueira, tras explicar algunhas das últimas medidas tomadas polo concello, engadía que “Dende a nosa posición buscamos a mellor forma de axudar a nosa veciñanza, pero sempre respectando a legalidade vixente, pois non pode ser doutro xeito”,
Compromiso x Padrón
Compromiso por Padrón opina que o pleno chega con retraso tras seis meses de pandemia e cando hai cinco que eles presentaron unha serie de medidas a tomar. Consideran ademais que ”quedou reducido a un diálogo intrascendente entre os dous grupos maioritarios PP (7 concelleiros) PSOE (4 concelleiros) dos 13 que ten a Corporación”.
CxG coincide co equipo de goberno en que algunhas das medidas propostas desde o Psoe son inviables legalmente se non se modifican as ordenanzas municipais en vigor.
Os independentes de CXG insisten na necesidade de creación dunha comisión municipal Covid , como xa funciona noutros concellos, e que serva para “informar, analizar, debater, consensuar e dar resposta a tódolos problemas que está a xerala pandemia no ámbito sanitario, económico, laboral, social e produtivo e canalizar axeitadamente todo tipo de axudas incluídas as que poidan chegar dende as diferentes Administracións Central, Autonómica e Deputación”.
CxG votou de todos xeitos a favor da proposta coa intención de “abrir unha vía de dialogo e consenso permanente entre tódalas forzas políticas da corporación”.
BNG
O BNG criticou a postura do goberno de votar en contra de todas as medidas e aplicar o “rodillo” para rexeitalas. Pide ademais a dimsión de todo o goberno muncipal “Pola súa incapacidade para frear o declive da vila e de todo o concello”
Os nacionalista lembraron que si o goberno municipal considera “demasiado xenéricas” as propostas socialitas, eles levan “anos” presentado propostas máis concretas, especialmente durante a crise do Covid.
Psoe
O Psoe foi o impulsor de este pleno extraordinario e mostrouse moi enfadado co rexeitamento das medidas propostas. Nun comunicado de prensa explican que “non podemos entender como pode alguén oporse tan descaradamente a un paquete de medidas cuxa aplicación é evidentemente necesario”.
Os socialistas de Padrón tamén pediron que se explicara como se aplicará o Plan Pel Reactiva da Deputación da Coruña. Tamén incidiron en que según os seus cálculos poderíanse mobilizar 800.000 euros para axudar aos distintos sectores presentes no concello.