A rede de plataformas Compostela Ulla Tambre cualifica de “enganosa” unha campaña realizada en colexios a favor da minería

0

Compostela, 18 de marzo do 2019 – A rede de plataformas Compostela Ulla Tambre ven de sumarse as críticas expresadas polo colectivo ContraminAcción por unha campaña da Consellería de educación a favor da minería.

Os programas educativos están dirixidos a tódolos tramos de idade dende infantil a secundaria e inclúese tamén a formación de adultos. A Rede de plataformas veciñais de afectados polos efectos da minería e pola restauración das antigas canteiras explican que ” a realidade é diametralmente oposta á información divulgada pola nova marca “Minería sostible de Galicia”, marca que xa en si mesma é unha falacia”.

Según a rede de plataformas os estudos demostran o mal estado dos lugares onde existiron minas. Poñen como exemplo a de Touro con estudos e denuncias sobre a afección aos ríos e regatos da contorna, como a presentada por Adega e a Plataforma Pola Defensa da Ría de Arousa ante a Fiscalía. Para estas asociacións trátase  dun problema transversal a tódolos lugares nos que se desenvolven ou desenvolveron proxectos mineiros, así, por exemplo, no recente estudo “Effects of copper mining on heavy metal contamination in a rice agroystem in the Xiaojiang River Basin, southwest China”  (Efectos da  minería do cobre na contaminación de metais pesados nun ecosistema de arroz na conca do río  Xiaojiang, suroeste de China)conclúese que as actividades mineiras a longo prazo impactan negativamente os chans, cultivos, ríos e regatos e aumentan o risco para a saúde dos residentes locais.

O comunicado da plataforma remata criticando unha das frases dos programas educativos  que di “A minería fomenta o desenvolvemento social e demográfico do interior de Galicia”, os colectivos defenden que os estudos poboacionais dos lugares onde houbo actividade mineira extractiva confirman que a frase real sería “A minería fomenta o abandono poboacional no interior de Galicia”.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial