A Rede de Plataformas reuniuse cos candidatos ó congreso sen a presenza do Partido Popular

0

Bisbarra, 25 de abril do 2019 – A rede de plataformas Compostela Ulla Tambre reuniuse cos candidatos ó congreso para pedirlles medidas políticas concretas que poñan freo ós problemas medio ambientais na bisbarra que veñen denunciando desde hai meses.

A Rede de Plataformas reuniuse cos candidatos ó Congreso pola provincia de A Coruña para as próximas eleccións do próximo domingo. O encontro centrouse en trasladarlles ós candidatos as 18 propostas políticas concretas que os 9 colectivos confeccionaron para este encontro.

Asistiron á esta reunión: Ana Seijas, candidata número un por En Marea, Néstor Rego, candidato número un polo BNG, Pablo Arangüena, candidato número dous polo PSdG, e Alberto Prieto, candidato número catro de En Común Unidas Podemos. Tamén asistiron representantes de Ciudadanos Galicia (María José García Hidalgo), e de Compromiso por Galicia (representados por Silvia Suárez e Manuel Calvo). A gran ausencia foi a do Partido Popular que non asistiu ao encontro con ningún representante, con todo, a Rede de Plataformas mantivo o seu asento libre ata o último momento.

No encontro tivo lugar unha exposición sintetizada dos problemas de cada plataforma a través da proxección dunha versión curta da reportaxe-documental “Redes contra a política do espolio” de Xose A. Bocixa Rei, e a continuación realizouse unha lectura ó dosier confeccionado en consenso polas 9 plataformas, especialmente para a ocasión, con 18 propostas políticas concretas. 

Os representantes de grupos políticos non realizaron declaracións oficiais, mais, no final do encontro mantiveron conversas cos diferentes representantes das plataformas. Tamén se comprometeron a facer entrega por escrito, á Rede de Plataformas, de todas as medidas medioambientáis e sociais relacionadas coas causas que cada grupo promete levar a cabo na próxima lexislatura.

ENTREGA DO DOSSIER CON 18 PROPOSTAS POLÍTICAS CONCRETAS

A Rede de Plataformas elaborou, especificamente para a ocasión, un dosier no que se resume as numerosas dificultades e esixencias que as organizacións cidadás deben sortear no momento de denunciar un posible delito medioambiental ou contra a saúde pública. Neste dosier tamén se contemplan 18 propostas políticas concretas para que os candidatos asuman e eleven ó Congreso de Deputados, en canto teñan ocasión.

Entre estas propostas destacan iniciativas moi fundamentais como: facilitar a transparencia e o acceso real a toda a información relativa ao medio ambiente; obrigar a que se teñan en conta os impactos acumulados por distintos proxectos dentro do mesmo territorio, ou endurecer as multas por delitos medioambientáis para que contaminar non compense.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial