займ срочно

A rede Salvemos a Comarca de Ordes reclama información sobre o que sucederá tras o peche de Meirama

0

Ordes, 23 de xaneiro do 2019 – A Rede de plataformas medioambientáis Salvemos a Comarca de Ordes. Aire, auga e terra limpas ven de reclamar información sobre os proxectos que Naturgy, antiga Fenosa, ten previsto desenvolver tras o peche de Meirama.

Salvemos a Comarca de Ordes considera unha boa noticia o peche dun dos puntos contaminantes de todo o estado español. Mostran tamén a súa preocupación polas informacións publicadas sobre a posible instalación dun parque eólico e unha planta de biogas.

A Plataforma reclama que “tanto a empresa como as Administracións involucradas nestes proxectos exerzan as súas responsabilidades

de forma democrática e dean información detallada sobre cal é o plan que sucede ao peche da térmica. Exiximos transparencia absoluta e en tempo real e coñecer en que consisten exactamente eses proxectos e onde estarían ubicados”.

O colectivo lembra o sucedido nas Encrobas “Sería moi lamentable que despois de 40 anos da loita das Encrobas, os veciños e veciñas teñamos que volver coller os apeiros de labranza na man para defender de novo as nosas terras e o dereito a unha vida digna. Entendemos que

o peche da térmica debería implicar o total compromiso por parte da empresa para rexenerar e recuperar a zona danada durante todas estas décadas e a merecida devolución das terras a todo o pobo que se viu obrigado a marchar das súas casas ou a convivir con todos os prexuízos que trouxo a térmica para a zona sen nin sequera gozar da rebaixa no recibo eléctrico mensual nin de contraprestacións axeitadas”.

Salvemos a comarca fai repaso da situación en Ordes, saturada de puntos de almacenaxe de lixo “A nosa comarca alberga na Areosa (concello de Cerceda) o basureiro de toda Galicia, que pretenden agora tamén ampliar e vai camiño de

converterse no maior de Europa. Temos tamén enriba a ameaza dun novo vertedoiro en Lesta de residuos industriais non perigosos, ademais da planta de Gesuga que trata os animais mortos, e da incineradora de Sogama”. A Plataforma lembra que estas instalacións afectan directamente aos 36.000 veciños e veciñas da comarca “pero tamén moito máis alá, ao longo da conca do río Tambre, que abastece a Santiago de Compostela, e vai parar á ría de Muros e Noia. Facer medrar a industria do lixo cara á zona onde está a térmica implicaría afectacións tamén no val do Barcés e no encoro de Cecebre, de onde se abastece A Coruña”.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies