займ срочно

A ruta do Holandés, en Touro, comeza a tempada alta con moita afluencia

0

Touro, 27 de abril do 2018 –  A ruta do Holandés, en Touro, segue a converterse nunha alternativa ao camiño francés, sobre todo para os que deciden facer o camiño en bicicleta.

Coa chegada da primavera comezou o goteo incesante de peregrinos, na súa maioría  do Norte e do Centro de Europa, que elixen O Camiño do Holandés que pasa polo concello de Touro e  que comeza a ter unha longa tradición.

Ademais dos peregrinos ciclistas que todos os días pasan polo Concello de Touro en pequenos grupos, esta semana arredor de sesenta persoas procedentes de Holanda, na súa maioría xoves,  fixeron unha das últimas paradas en Touro. Aquí recobraron forzas cara a súa viaxe en bicicleta a Compostela. Os rapaces estaban acompañados dos seus profesores/as, titores e familiares e destacaron a beleza da ruta que vai a Santiago e que pasa polo Concello.

O Camiño do Holandés comeza no Concello de Arzúa, no desvío da N-547 en Rourís (Burres) en dirección a Touro, e atópase a 2 quilómetros do tramo oficial do Camiño de Santiago. Os peregrinos, que circulan en bicicleta, aproveitan principalmente dous aspectos fundamentais á hora de practicar cicloturismo; o escaso tráfico que circula pola AC-240 e a beleza paisaxística que ofrece o entorno. No quilómetro 3 desta ruta déixase o Concello de Arzúa para entrar no Concello de Touro pola parroquia de Beseño, onde se oferta un establecemento de Turismo Rural chamado A Pena de Augasantas. Ademais, a menos de 500 metros ofrécese aloxamento en Casa Miguez, que tamén é un establecemento de Turismo Rural, pero desta vez situado na parroquia de Quión. No quilómetro 7 da estrada AC-240 aparece un desvío dirección Portodemouros, polo que se accede ao Pazo de Andeade, do século XVIII e restaurado en 1995 como establecemento con oferta de aloxamento e de restauración.

Aproximadamente no quilómetro 12 desta ruta éntrase na capital do Concello de Touro, Fonte Díaz, onde os peregrinos poden selar a súa Compostelana no Punto de Información Turística situado na Casa do Concello, e así mesmo recibir información turística que precisen (tamén hai un Punto de Información Turística multimedia funcionando as 24 horas e paneis informativos). Ademais en Fonte Díaz ofrécense servizos que poden demandar os peregrinos como supermercados, centro de saúde, restaurantes, farmacias, transporte público…

Xa no núcleo urbano de  Fonte Díaz os peregrinos escollen a opción da estrada AC-240  dirección Loxo. Séguese a estrada AC-240 e despois de entrar na parroquia de Prevediños e pasar por Mince continúase ata chegar a un cruce sinalizado que indica Sanguñedo-Corneda. Nese punto pódese seguir pola comarcal 240 ata o Empalme de Vilar e desviarse despois pola estrada dirección ao Forte. Por último, xa dentro do Concello de Santiago, a ruta entra por Aríns para seguir  polo barrio do Sar e comeza o seguinte itinerario polas rúas da cidade dirección á Catedral; Rúa do Olvido, Rúa da Fonte de Santo Antonio, Praza de Galicia, Rúa das Orfas, Praza do Toural, Rúa do Vilar e finalmente Praza do Obradoiro.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies