A segunda edición de O Son do Camiño traerá ao Monte do Gozo a Black Eyed Peas, Iggy Pop, ou Rosalía entre outros

0

Compostela, 23 de febreiro do 2019 – Do 13 ao 15 de xuño terá lugar a segunda edición do festival O Son do Camiño no Monte do Gozo de Compostela.

Despois da boa resposta de edición 2018 a de este ano reunirá a máis de 30 artistas, moitos deles en Galicia por primeira vez. O Son  do  Camiño traerá a Black  Eyed  Peas,  Iggy Pop, David  Guetta, Die  Antwoord, na que será a súa única data este ano en España, Rosalía, nun dos poucos festivais nos que se deixará ver en 2019,  Bastille, Bloc  Party, que tocarán integramente  Silent  Alarm, o seu aclamado debut, Richard  Ashcroft,  Vetusta  Morla ou Dimitri Veigas &  Like  Mike.

 

A cita foi presentada por Román Rodríguez, Conselleiro de Cultura e Turismo; Víctor  Mantiñán, responsable de patrocinios musicais de Estrela Galicia e Carlos Rodríguez, Iván Méndez e David Méndez, promotores do evento. O festival congregou a 84.000 asistentes e erixiuse como un dos grandes acontecementos culturais de 2018 no noso país, ademais de converterse no primeiro festival español en esgotar os abonos dispoñibles o día de saída á venda e en pouco máis de 2 horas.

O cartel do Festival complétano:  The  Hives,  W& W,  Beret,  Ayax e  Prok,  Graveyard,  Royal  Republic,  Bad  Gyal,  Second,  Varry Brava,  ELYELLA,  Shinova,  Full,  Kitai, Molina Molina, Alice  Wonder e Cariño. Ademais dunha nutrida representación galega: Iván Ferreiro,  Eme  Dj,  Hard  GZ,  Igloo,  Mordem,  Marem  Ladson,  Baiuca, Familia  Caamagno e Ortiga.

 

Os abonos poñeranse á venda o mércores 27 de febreiro ás 12.00 h. SÓ EN www.osondocamino.es e www.eventbrite.es cun prezo especial de lanzamento de 49 euros máis gastos de xestión.

Si queres revivir o que foi a edición 2018 preme aquí

Zona de descanso

O Son  do  Camiño contará con dúas opcións para durmir á beira do recinto: unha zona de descanso e un  Glamping. Ambas son de pago e estarán dotadas de todos os servizos: duchas, cafetería, consigna, seguridade, puntos de recarga de dispositivos móbiles… A venda activarase nos próximos días.

O Son  do  Camiño é un festival patrocinado pola Xunta de Galicia e coa colaboración de Estrela Galicia que naceu en 2018 co obxectivo de promover a imaxe de Galicia no ámbito internacional a través dun dos seus principais activos turísticos e culturais: o Camiño de Santiago.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial