A segunda proba do campionato galego de supercross esta fin de semana en Ames

0

Ames, 2 de maio do 2019 – O Motoclub Ameixenda, en colaboración co Concello de Ames e a Deputación da Coruña, organiza este domingo, 5 de maio, a segunda proba do Supercross Galego 2019.

O Gran premio Concello de Ames de supercross é un evento deportivo a nivel autonómico, non oficial e non federado, de acordo coa actual normativa galega. Nesta proba, que se desenvolverá no circuíto SX “Alex de Moure” na parroquia da Ameixenda, participarán os mellores pilotos de supercross de toda Galicia. O prazo de inscrición estará aberto ata mañá venres ás 24:00 horas. Para inscribirse ou obter máis información da proba hai que entrar en http://motoclubeameixenda.gal/

Para a organización da proba o Motoclub Ameixenda conta coa colaboración do Concello de Ames, a Agrupación de Protección Civil de Ames, a Deputación da Coruña e o Salón de Beleza Paula, situado en Bertamiráns. Os/as participantes, que se inscriban estarán divididos/as en nove categorías diferentes: elite, veteranos, promoción, promesas 85cc, alevín 50cc, alevín 65cc, féminas, pitbike e hobby que son os que se inician neste deporte. Ata o de agora hai arredor de 30 pilotos inscritos.

Horarios

Entre as 9:00 e as 11:00 horas da mañá desenvolveranse as verificacións técnicas e administrativas. De seguido, a partir das 11:00 horas, os pilotos participarán nos adestramentos libres e de clasificación. Ás 16:00 horas dará comezo a proba que se compón de dúas mangas por categoría. Ao remate da proba realizarase a entrega de trofeos.

Circuíto SX Alex de Moure

O circuíto SX “Alex de Moure” dispón dunha pista de 680 metros por 5 de ancho e diferentes saltos: mesetas, dobres, etc. Este recinto de máis de 17.000 metros cadrados conta cun amplo aparcadoiro, situado a escasos metros da pista de competición, e cunhas condicións óptimas tanto para a práctica do deporte como para contemplación desta modalidade deportiva.

O pasado 18 de abril disputouse o SX Abelleira. Esta fin de semana é o SX Ameixenda. Despois desta proba disputaranse o 9 de xuño o SX Rebordelos; o 22 de xuño o SX A Estrada; o 29 de xuño o SX Gomesende; o 6 de xullo o SX Carral; o 25 de agosto o SX Dodro; o 14 de setembro o SX Alfoz; o 21 de setembro o II SX Abelleira; e o 6 de outubro o III SX Abelleira. A data do SX Gomesende está por determinar.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial