A socialista Begoña Pampín dimite como concelleira de O Pino

0

O Pino, 24 de xuño do 2018 – Este pasado venres a concelleira socialista de O Pino Begoña Pampín presentaba a súa dimisión na casa consistorial.

Begoña Pampín aduce motivos ” fundamentalmente persoais, que non me permiten asumir a dedicación que este posto require”. A concelleira explica nun escrito remitido aos medios que considera suficiente as dúas lexislaturas as que se ten presentado e define esta etapa como “moi interesante, con un amplo traballo, interno e externo. Interno na consolidación da agrupación na comarca e externo na presenza no municipio que xa é moi importante”.

Pampín expresa tamén un “agradecemento persoal a todos aqueles compañeiros que sempre me apoiaron de forma incondicional e que compartiron comigo todos estes anos, xuntos tentamos que as ideas socialistas impuxésense e facer o mellor para o noso concello, no que crecimos e vivimos. Podo dicir con orgullo que me levo bos amigos, ao seu carón vivín grandes momentos e aprendín moito”.

Unha agrupación unida

Begoña Pampín en resposta a preguntas de Lindeiros.gal recoñece que “intentar cambiar as cousas neste concello non é nada fácil e costa non perder os ánimos no proceso. Pero tamén era consciente de a qué nos enfrontabamos, e quero quedarme coas cousas positivas. Tiven a sorte de empezar acompañada de moitos compañeiros e poder chegar o fin con grandes amigos, que sempre me apoiaron e compartiron o meu carón os bos e os malos momentos. Fomos unha agrupación unida, na que se traballou sempre tendo en conta e respectando a opinión de todos e cada un dos compañeiros. Todos somos iguais, e creo que esa foi a clave de que, manténdonos unidos e apoiándonos en cada momento, chegaramos ata aquí”.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial