займ срочно

A soprano Carmen Subrido ofrece un recital de lied alemán e canción francesa

0

Compostela, 30 de abril do 2019 –  Ás 20.30 horas de esta tarde, no Paraninfo, a soprano Carmen Subrido, acompañada polo pianista Manuel Angel Burgueras Garcia e a narradora Adela Estévez, ofrecerá un recital de lied alemán e canción francesa, con obras de Schubert, Richard Strauss, Fauré, Debussy e Poulenc.

A compostelá Carmen Subrido iniciou os seus estudos no Conservatorio da Real Sociedade Económica de Amigos do País e continuounos na Escola Superior de Canto de Madrid con Teresa Tourne e co repertorista arxentino Valentin Elcoro. Participou ademais en diversos cursos e clases maxistrais dos máis importantes cantantes a nivel internacional tales como Jauma Aragall, Montserrat Caballé, Plácido Domingo, Mirella Freni e Raina Kabaivanska. Obtivo importantes premios nos concursos ‘Julian Gayarre’ e ‘Maestro Alonso’, incluíndo o ‘Premio Angeles Gulin’ á mellor voz de soprano.

A sua carreira como soprano solista comeza no Grupo Universitario de Cámara de Compostela, co que consegue unha sólida formación no que se refire a Música Antiga. Pertenceu tamén ao Coro Universitario de Compostela e ao Coro Lírico Nacional, cos que participou en numerosas producións. Inicia a súa carreira en solitario abarcando distintas especialidades como recital, concerto, oratorio, zarzuela e ópera.

Na actualidade alterna a súa actividade artística coa docencia. Colabora neste sentido co Coro da Orquestra Gaos, e imparte clases a un nutrido grupo de alumnos de forma particular.

Manuel Burgueras

Tras realizar os seus estudos de piano con Juan Carlos Arabian, especialízase en musica de Cámara e acompañamento cos profesores Guillermo Opitz, Paul Schilhawsky, Erik Werba e Felix Lavilla. Acompañante regular de Montserrat Caballá desde 1991 ata 2014, ao longo da súa traxectoria traballou ocasionalmente con Josá Carreras, Jaume Aragall, Marilyn Horne, Elisabete Matos, Isabel Rey, Ana Maria Sanchez ou Juan Jesus Rodriguez, e en salas como o Covent Garden e Royal Festival Hall de Londres, Carnegie Hall e Avery Fisher Hall de Nueva York, Konzerthaus e Musikverein de Viena, Salle Pleyel e Opera Garnier de Paris, Concertgebouw de Amsterdam, Suntory Hall de Tokio, Deutsche Staatsoper e Philarmonie de Berlin, Teatro Bolshoi de Moscu, Gran Teatro del Liceo de Barcelona, Auditorio Nacional de Música de Madrid, Opera de Roma, Opera de Zurich, Festpielhaus de Salzburgo, Nationaltheater de Munich, Alte Oper de Frankfurt, e un longo etcétera

O seu disco ‘Música Española para Piano y Voz del Siglo XIX’, patrocinado pola Fundación Autor, foi nomeado polo Ministerio de Cultura para os Premios Nacionais de Musica 2006. Do mesmo selo, o disco ‘La Canción Romántica Española’ obtén o Premio Grammy Latino 2007 na categoría de musica clásica.

Hoxe é profesor de Repertorio Vocal no Grao Superior de Canto e no Mestrado de Interpretación Solista en Musica Española no CSKG de Madrid.

Adela Estévez

Licenciada en Arte Dramatica e en Xornalismo, posúe o titulo de profesora de Canto (Conservatorio Teresa Berganza, Madrid). Realizou cursos de Coros e Ópera do Festival de Bayreuth (Alemaña) así como cursos de Interpretación Audiovisual cos directores Jaime Chavarri, Juan Cavestany, Eliana Sanchez e Montxo Armendariz.

Traballou como actriz de teatro, dobraxe e televisión, e como rapsoda en concertos coa JONDE e con diferentes grupos. Actuou como cantante de coro e solista en distintas compañías de opera e zarzuela en xiras por toda España, Portugal, Francia, Italia, México, Filipinas, Canada e illas Azores. Foi ademais locutora de radio, profesora de musica de Secundaria, rexedora e axudante de dirección.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies