A subdelegada do goberno reúnese coa Plataforma Casalonga Limpa de Residuos

0

Teo, 24 de xaneiro do 2019 – A subdelegada do Goberno na Coruña, Pilar López Rioboo reuniuse con representantes da Plataforma Casalonga Limpa de Residuos para analizar a situación ambiental da antiga canteira.

Casalonga Limpa trasladou a subdelegada a preocupación polas actuacións na zona que poidan derivar na creación dun vertedoiro. Falouse da posibilidade de que desde o Goberno Central. por medio do Ministerio de Transición Ecolóxica, se tomen medidas de protección para as canteiras en desuso e non permitan explotacións relacionadas co tratamento de residuos ou outras actividades que danen o medio ambiente así como que non se autoricen recheos con materiais  valorizados.

Os veciños tamén mostraron a súa preocupación polo feito de que pese a que desde a Xunta arquiváronse xa dous expedientes administrativos, presentados pola empresa para a instalación da planta de tratamento de residuos, a lexislación autonómica segue a permitir estas prácticas en chan rústico. Esta lagoa lega posibilita que, segundo a actualización do plan de rexeneración da canteira presentado ante a Consellería de Industria, poida encherse o oco con materiais  valorizados e  tecnosolos. Esta práctica remataría por converter os terreos nun vertedoiro encuberto a escasos metros das vivendas.

Os membros da plataforma expuxeron a actual situación á subdelegada do Goberno, que se mostrou receptiva ás demandas veciñais e do consistorio, comprometéndose a colaborar e manterse vixiante para que, dentro das súas posibilidades e competencias, consígase o obxectivo de manter a correcta conservación deste enclave.  

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial