займ срочно

A troita foi de novo a protagonista en Oroso

0

Oroso, 13 de maio do 2019 – O Concello de Oroso celebrou o día grande da XXIII Festa da Troita, con milleiros de persoas polas rúas do municipio nunha xornada na que se repartiron máis de 4.000 quilos de troita.

O pregón correu a cargo do reitor da Universidade de Santiago de Compostela (USC), Antonio López, que encomiou a troita de Oroso e fixo un chamamento “a coidar da natureza e dos nosos ríos, temos o privilexio de vivir en Galicia e temos que facer un esforzo para coidar o medio ambiente”.

Antes de entregar os premios dos campionatos de pesca, nos que participaron unhas 40 persoas de todas as idades, tamén falou o alcalde de Oroso, Manuel Mirás, satisfeito “porque ano a ano temos unha festa mellor, en gran parte polo esforzo e o agarimo dos nosos veciños e veciñas”.

“Unhas 30.000 persoas pasaron estes tres días por Oroso e moitas delas doutras provincias galegas, León ou Portugal; a Festa da Troita xa é unha referencia turística no noroeste peninsular”, engadiu Mirás.

Entre as autoridades invitadas na xornada estaba María de Lurdes Oliveira Castanheira, presidenta da Cámara Municipal de Góis, concello luso inrmandado con Oroso. Estaban tamén representantes de numerosos concellos da comarca.

A xornada comezou co campionato de pesca infantil. Houbo animación de rúa co grupo Barafunda e, como non, a degustación gratuíta de troitas na carpa da Alameda de Góis, organizada polo Concello de Oroso, ou en calquera dos establecementos colaboradores. Pola tarde e como remate da festa, as orquestras Principal e Gran Parada.

O grupo de goberno local agradeceu a colaboración da hostalería local, así como das empresas colaboradores e patrocinadoras, Protección Civil, Policía Local e traballadores do concello.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies