займ срочно

A Universidade de Santiago aproba a oferta de prazas de profesorado para 2019

0

Compostela, 29 de abril do 2019 –  O Consello de Goberno da Universidade de Santiago aprobou este venres a oferta de prazas de prazas de profesorado para 2019, sendo esta a primeira concreción do plan aprobado para os vindeiros catro anos.

Entre as accións encamiñadas a incorporar novos efectivos figura a creación de 38 prazas de profesorado axudante doutor e a convocatoria doutras tres ocupadas interinamente. Por outra banda, para facilitar a estabilización e a promoción de profesorado apróbase a creación de 24 prazas de profesorado contratado doutor, outras tantas de titular –ambas convocatorias con reserva de prazas para persoal Ramón y Cajal-, 8 de titular con vinculación asistencial e 31 de catedrático/a de universidade. A todas estas hai que sumarlle 34 de profesorado asociado e PACS.

Na mesma xuntanza, prorrogáronse contratos de profesorado asociado, axudante doutor, PACS e lectores e acordouse a prórroga extraordinaria de profesorado contratado.

Escola de Doutoramento

No Consello de Goberno deste venres presentouse ademais unha proposta de modificación da estrutura organizativa dos estudos de doutoramento que terá que ser tramitada para a súa aprobación formal. Segundo a proposta, crearíase unha única Escola de Doutoramento, denominada Escola de Doutoramento Internacional da Universidade de Santiago de Compostela (EDIUS), que asumiría a xestión administrativa e a coordinación deses estudos, que eran competencia do Centro Internacional de Estudos de Doutoramento e Avanzados da USC (CIEDUS), así como a coordinación académica dos programas das anteriores Escolas de Doutoramento

Outros asuntos

As propostas e memorias de estudos propios e os convenios foron outros puntos tratados na orde do día da xuntanza, na que ademais se renovaron os membros da Comisión de Coordinación do Campus da Cidadanía.

Na reunión quíxose ademais deixar constancia do fondo pesar entre a comunidade universitaria polo falecemento no atentado dos pasados días en Sri Lanka de Alberto Chaves, que cursara recentemente na USC o Mestrado en Enxeñaría Quimica.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies