A USC abre una exposición fotográfica sobre os 20 anos do Espazo de Danza

0

Compostela, 2 de abril do 2019 –  O Claustro alto do Colexio de Fonseca acubillará ata o 10 de abril a mostra conmemorativa do XX aniversario do Espazo de Danza ‘20 anos non son nada’, da fotógrafa luguesa Chus Varela, con imaxes de bailaríns, mestres e coreógrafos.

A idea do proxecto, xurdido en 2016, “era que non se tratase de fotografías meramente testemuñais, senón que ademais de visualizar o traballo do Espazo de Danza as fotos tivesen un valor artístico en si mesmas”, asegura a autora. Así, botando man de materiais tan dispares como terra, auga, plástico, fariña e lume “cambiamos o estudio por escenarios naturais coma As Médulas ou exteriores, corredores e edificios da USC coma a Igrexa ou distintas facultades”.

Na inauguración da mostra participaron, ademais da autora, a vicerreitora de Comunicación, Cultura e Servizos, Mar Lorenzo; a vicepresidenta da Deputación de Lugo, Goretti Sanmartín, e o director do Espazo, Juan Carlos Zahera.

A exposición coincide coa décimo sétima edición do Encontro Universitario de Danza (EUD), que presenta este luns 1 e o martes 2 de abril no Teatro Principal as producións propias de cinco compañías de danza. Ás catro da USC -DanzaUSCompostela, DanzaUSC-Lugo, ‘Sen Vergoña’ e Schattenidentitäten- que naceron ao abeiro do Espazo de Danza da USC baixo a dirección de Juan Carlos Zahera únese a Aula de Danza da Universidade de A Coruña. A entrada ás funcións é libre e gratuíta ata completar aforo.

Espazo de Danza da USC

O Espazo de Danza da USC foi unha iniciativa pioneira na universidade española e concibida como xermolo dun laboratorio de danza contemporánea que, dúas décadas despois, presenta no seu currículo a produción de 40 montaxes coreográficas, máis de 300 actuacións e intervencións e a presenza en mais dun centenar de festivais, seminarios, mostras, exposicións e reunións científicas.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial