A USC amplía o mapa de incidencia do gas radón en Galicia

0

Compostela, 24 de xullo do 2018 – A Facultade de Medicina da USC ven de ampliar o mapa de radón que confecciona con 400 novas medicións coas que chega a 3.800 vivendas auditadas.

Todas as medicións de radón, efectuadas coa colaboración da Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellaría de Sanidade­, pódense consultar na páxina web do Laboratorio e colocan a Galicia como a Comunidade Autónoma de España mellor caracterizada en canto a exposición a radon interior. Mentres o Mapa de España contén un total de 12.000, só Galicia ten case o 33%. De feito, as provincias de Ourense e Pontevedra teñen cada unha delas máis de 1.000, sendo os municipios con maior cantidade os de Vigo, con 255, e o de Santiago con 248.

Os responsables do Laboratorio, os profesores Juan M. Barros Dios e Alberto Ruano Raviña, esperan volver ampliar o mapa a finais deste ano e superar as 4.000 medicións, con especial énfase na provincia de Pontevedra e tamén coa colaboración da Consellería de Sanidade. Para eles, a nova ampliación confirma “o xa sabido” de que as provincias con maiores concentracións son Ourense e Pontevedra ademais de que “existen diferenzas entre as concentracións no ámbito municipal”.

Radón no traballo

O esforzo investigador do Laboratorio ten ampla repercusión en revistas científicas estatais e internacionais. Agora é Gaceta Sanitaria a que vai publicar unha investigación sobre exposición a radón no ámbito laboral, con medicións en preto de 250 postos de traballo de varias Comunidades Autónomas.

O estudo, o máis importante sobre este gas no ámbito ocupacional en España, amosa que aquelas Comunidades con máis presenza de radón teñen maior probabilidade de superar o nivel límite de 300 Bq/m3 no posto de traballo. “Aqueles postos de traballo localizados en municipios considerados de risco polo Consello de Seguridade Nuclear presentan maiores concentracións de radon”, aseguran os autores. Este estudo fíxose en colaboración co Instituto Sindical de Trabajo, Ambiente y Salud (ISTAS) de Comisiones Obreras. 

Por outra banda, un artigo publicado por este Laboratorio sobre radon e cancro de pulmón de célula pequena vén de acadar un dos premios aos mellores artigos de investigación do Colexio de Médicos de Pontevedra.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies