A USC conmemora o Ano Internacional da Táboa Periódica

0

Compostela, 1 de febreiro do 2019 –  A Facultade de Química da USC iniciou esta semana o seu particular programa de actividades conmemorativas do Ano Internacional da Táboa Periódica dos Elementos Químicos.

A facultade compostelá súmase así á da UNESCO con motivo do 150 aniversario do recoñecemento das propiedades periódicas dos elementos e os seus compostos, propostas polo científicos ruso Dimitri Mendeléiev en 1869. O obxectivo desta iniciativa é recoñecer a función esencial que desempeñan os elementos químicos, representados na Táboa Periódica,  e, por extensión, a ciencia química para o desenvolvemento sostible e para o progreso da humanidade.

As celebración da USC comezaron este mércores coa conferencia impartida polo profesor da Universidade de País Vasco Pascual Román Polo titulada ‘Mitoloxía e arte na táboa periódica dos elementos químicos’ e coa posterior inauguración da exposición sobre a evolución da Táboa Periódica ao longo dos anos, presente na entrada do centro ao longo de todo o ano. Nesta sesión inaugural interviñeron do vicerreitor de Planificación e Proxección Estratéxica, Gumersindo Feijoo Costa; a decana da Facultade, Pilar Bermejo Barrera; e o o subdirector xeral de Ordenación e Innovación Educativa e Formación do Profesorado, Iván Mira Fernández.

O programa de actividades irase completando con diversas accións dirixidas tanto ao alumnado de todos os niveis educativos, dende ESO ata ciclo formativos e bacharelato, como para o universitario. Entre outras, xa están previstas un concurso sobre a táboa periódica e Galicia, outro sobre fotografía de alcance nacional ou sobre proxectos educativos e de ciencia na rúa, entre outros. Na web da Facultade de Química iranse mostrando de forma permanente a relación de todas as actividades que se vaian programando.

Aínda que no século XIX xa existían algunhas formas de ordenación dos 63 elementos químicos que se coñecían entón, o grande avance da proposta de Mendeléiev foron os criterios que utilizou para a súa organización tendo en conta o número atómico e as propiedades. Isto permitiu, por unha banda, poder ir engadindo os elementos descubertos posteriormente –na actualidade hai recoñecidos 118- e, por outra, poder predicir a existencia de posibles novos elementos químicos na terra ou no resto do universo.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial