A USC de novo entre as universidades do mundo cun maior compromiso medioambiental

0

Compostela, 10 de xaneiro do 2019 – A USC conseguiu no 2018 subir a posición 268 do  ránking mundial GreenMetric, unha clasificación que reflicte os esforzos realizados polas institucións universitarias no desenvolvemento e implantación de políticas e programas respectuosos co medio ambiente e a sustentabilidade.

Trátase  dunha iniciativa da Universidade de Indonesia na que a USC mantén presenza dende o seu lanzamento en 2010. Co resultado desta nova edición do ránking, a institución docente compostelá mellora posicións con respecto á rexistrada o ano anterior, cando ascendera á posición 283 de entre 619 universidades de todo o mundo.

Os responsables da clasificación analizan o compromiso das universidades coa sustentabilidade a partir dunha serie de aspectos que inclúen a recompilación de información básica sobre o perfil de cada universidade, particularmente en relación ao seu tamaño e ámbito xeográfico de implantación. Os criterios en base aos que se organiza a valoración final de cada institución son os de enerxía e cambio climático (21% da nota final); tratamentos dos residuos (18%); programas de educación e investigación (18%); accións en relación cos medios de transporte nos campus (18%); configuración e infraestruturas (15%); e uso da auga (10%). A recompilación dos datos realízase a través de enquisas en liña enviadas a administradores universitarios.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial