займ срочно

A USC e a Fundación Franz Weber organizan unha xornada sobre o dereito e os animais

0

Compostela, 23 de xaneiro do 2019 – A Facultade compostelá e a Fundación Franz Weber organizan na tarde do 4 de febreiro a xornada gratuíta ‘O Dereito e os animais’, que comezará precisamente coa intervención de Anna Mulà, avogada especialista na materia e asesora xurídica da Fundación co organizadora.

Na xornada participarán ademais a catedrática da USC María Paz García Rubio cun relatorio sobre os animais no Dereito Civil; a maxistrada xuíza titular do Xulgado de instrución 1 de Lugo Pilar de Lara, que falará da perspectiva penal no ámbito da protección dos animais; o conselleiro permanente do Estado Enrique Alonso cunha charla na que o cabalo en Galicia servirá para avaliar o statu quo da lexislación de benestar animal no seu conxunto, e Irene Torres, avogada e tamén asesora xurídica da Fundación Franz Weber, que analizará a Lei 4/2017 de protección e benestar dos animais de compañía en Galicia.

A asistencia á xornada é libre previa inscrición a través do enderezo electrónico julia.ammerman@usc.es.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies